HomeA CoruñaAprobada por unanimidade a moción para a revalorización do paseo do Mero

Aprobada por unanimidade a moción para a revalorización do paseo do Mero

- Anuncio -spot_img

A conservación e a funcionalidade do paseo fluvial puxo en acordo á totalidade da corporación municipal de Cambre, que aprobou por unanimidade a moción presentada por Alternativa.

A moción mantívose a debate a pesar da recente noticia publicada pola Xunta de Galicia que anunciou unha inversión de 900,000 € para o ámbito, xa que a actuación integral proposta podería incorporarse directamente a este proxecto autonómico.

E así o cerciorou a alcaldesa que se comprometeu a trasladar á Xunta de Galicia as iniciativas recollidas na moción, que inclúen dende mantemento de cara á infraestruturas, dinamización educativa, sociocultural e turística, así como a creación de un área de lecer, entre outros puntos.

Dende Alternativa dos Veciños anuncian que seguirán de preto os avances do proxecto e os diferentes procesos administrativos asociados a súa execución.

Publicacións Relacionadas