Home A Coruña Aprobado o inicio de expediente de recuperación da parcela municipal sita no...

Aprobado o inicio de expediente de recuperación da parcela municipal sita no Campo do Escaravello

- Anuncio -

• A parcela funciona como aparcamento público pero, desde que se instalou un valado por parte de persoas particulares en xullo, este uso viuse afectado

• Na sesión celebrada este xoves ás 21:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, tamén se aprobou a rectificación dos números incluídos no distrito 02, sección 001, Mesa A) Serantes

A corporación municipal de Laxe celebrou este xoves un pleno ordinario no que se aprobou, polo voto favorable de todas as persoas asistentes, o expediente de recuperación posesoria e de requirimento de retirada de peche do terreo municipal sito en Montillóns, máis coñecido como o Campo do Escaravello.

Durante a sesión, que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello a partir das 21:00 horas, acordouse incoar o proceso de recuperación de parte do terreo municipal no que persoas particulares colocaran un valado no mes de xullo dificultando o uso actual da parcela, que funciona como aparcamento público de vehículos.

O último informe técnico conclúe que existe documentación na que queda patente a utilización notoria, pública e continuada da finca en cuestión por parte do Concello como zona de estacionamento. Ademais, o terreo que se quere recuperar desde a corporación está perfectamente definido e identificado en canto á súa realidade física nos informes técnicos municipais e títulos existentes no Rexistro da Propiedade e no inventario municipal.

Con carácter inmediato, o Concello de Laxe notificará este acordo ás persoas implicadas establecendo un prazo máximo de 72 horas para derrubar o peche, así como un prazo máximo de 10 días para presentar alegacións.

Na sesión tamén se aprobou a rectificación dos números incluídos no distrito 02, sección 001, Mesa A) Serantes con motivo da corrección da numeración de números de Policía da Avenida Isidro Parga Pondal de Laxe e que comprenderá do 39 e do 68 en adiante, ambos inclusive.

Tamén se deu luz verde aos borradores das actas das sesións anteriores correspondentes aos plenos do 29 de setembro e do 25 de outubro.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas