Home A Coruña Arrancan as obras de aglomerado do camiño dos Foxos ata Corredoira, vial...

Arrancan as obras de aglomerado do camiño dos Foxos ata Corredoira, vial de acceso ó cemiterio de Anca

- Anuncio -

O Concello de Neda investirá 42.030 euros na actuación, que se estenderá ó longo de algo máis dun quilómetro

Arrancan os traballos de acondicionamento do camiño dos Foxos ata o lugar de Corredoira, de acceso ó cemiterio de Anca. Unha intervención que executa o Concello de Neda con cargo ó Plan de Mellora de Camiños Municipais de Agader -PEIM-, na anualidade 2022-23.

A empresa Canarga iniciaba esta semana a intervención cos traballos de limpeza de cunetas, e nas próximas xornadas realizarase o rebacheo dos puntos máis deteriorados do vial para, posteriormente, proceder ó seu aglomerado.

Na actuación, que se levará a cabo nun treito de 1.002 metros, o Concello investirá 42.030 euros, e permitirá mellorar o estado do camiño, moi deteriorado polo intenso tráfico rodado que soporta, reforzando así a seguridade de peóns e condutores.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas