HomeA CoruñaArrincan as obras de construción da nova senda ao longo do río...

Arrincan as obras de construción da nova senda ao longo do río Anllóns

- Anuncio -spot_img

· Como explica o alcalde, José Manuel Mato, o obxectivo destes traballos é “pór en valor e garantir a conservación ambiental deste espazo natural, dándolle protagonismo ao río”.

A nova senda ao longo do río Allóns está cada vez máis preto de ser unha realidade. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, da que dependen estas obras, arrincou os labores nos últimos días. O alcalde, José Manuel Mato, sinala que se trata dunhas actuacións “esenciais coas que se porá en valor e garantirá a conservación ambiental do río”. O primeiro edil avanza que esta non será a única actuación prevista para devolverlle ao Anllóns o protagonismo “que merece, senón que temos previsto realizar outras intervencións na zona proximamente”.

O proxecto conta cun orzamento próximo aos 45.000 euros e contempla a execución dun tramo duns 500 metros de lonxitude. Neste espazo colocarase un bordo de aceito, habilitarase novo pavimento de terra estabilizada e instalaranse bolardos metálicos para impedir o acceso por parte de vehículos.

O rexedor agradece a colaboración da Xunta de Galicia, indispensable para levar a cabo actuacións como esta “coas que se fomentará a mobilidade peonil e se lles ofrecerá aos veciños e veciñas novos recurso de lecer en plena natureza”.

Publicacións Relacionadas