Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e a conmemoración do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, as bibliotecas públicas de Oleiros organizan, a partir do día 1 de abril, unha ampla programación de actividades enfocadas ao fomento da lectura.
Desde o día 1 de abril, as diferentes bibliotecas públicas municipais organizan en todas as parroquias, múltiples actividades para conmemorar o Día do Libro infantil e Xuvenil como contacontos, mostras bibliográficas ou actividades dirixidas aos centros de ensino de Oleiros entre as que destacan obras de teatro, recitais de poesía, actividades plásticas ou contacontos para todas as idades. Ademais en todas as bibliotecas públicas municipais realizaranse diferentes mostras bibliográficas ata o día 11 de abril.
Pódese consultar a programación de cada unha das bibliotecas públicas a través da web municipal ou en cada unha das bibliotecas.