Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de outubro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.
Este mes organizarase torno de coches Carrera, obradoiro de maquillaxe terrorífica, obradoiro de cociña de outono, xornada de xogos de mesa, teatro, cena-baile de Samaín,… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.