Home A Coruña As concellarías de Obras e Educación levaron a cabo 69 actuacións durante...

As concellarías de Obras e Educación levaron a cabo 69 actuacións durante o verán nas escolas infantís e colexios de primaria da cidade por algo máis de 300.000 euros

- Anuncio -

Os concelleiros de Obras, Javier Fernández, e de Educación, Rubén Prol, fixeron balance das obras levadas a cabo durante a tempada de verán en distintos colexios públicos de Santiago. Foron un total de 69 actuacións de conservación, reparación e pequena reforma, que afectaron a 19 centros e que contaron cun orzamento de algo máis de 300.000 euros.

O edil de Obras, Javier Fernández, explicou que as 69 actuacións que estaban programadas para este verán, “desenvolvéronse segundo o previsto e sen incidencias”. Estes traballos, que están “incluídos nunha previsión anual consensuada entre os departamentos de Obras e de Educación”, foron realizados nun total de 19 centros educativos: 5 escolas infantís, entre consorciadas e municipais, 2 escolas rurais e en 12 CEIPS, o que supón un “un 86% dos centros educativos de competencia municipal, por un importe de 302.776 euros”.

Pola súa banda, o concelleiro de Educación, Rubén Prol recordou que “en tres anos, investimos na mellora e mantementos dos centros educativos da cidade, 1,2 millóns de euros. E ímolo seguir facendo, porque somos conscientes de que a educación é o principal piar sobre o que se vai asentar o futuro da nosa cidade”.

O edil de Educación explicou que as partidas máis elevadas foron as destinadas aos centros Pío XII, por un importe de 47.079, 95 euros; ao CEIP Vite, por 39.296,35 euros; ao CEIP Roxos-Villestro, 22.692,69 euros, ao CEIP Apóstolo Santiago, por valor de 35.328,75 euros, e ao CEIP Fontiñas, dun total de 36.290,55 euros.Rubén Prol tamén quixo reiterar o “compromiso do Concello por manter todos os centros e non descoidar as instalacións, estean situadas na zona urbana ou no rural”.

Actuacións realizadas

Do total das 69 actuacións levadas a cabo este verán, o edil de Educación destacou as seguintes:

  • Na escola Pío XII fíxose un investimento de 47.079,95 euros, e realizáronse labores de pintado interior e das columnas do polideportivo, mellorouse a recollida de augas na saída do patio novo e nas escaleiras, arranxáronse os canlóns e substituíronse dous lucernarios rotos.
  • No CEIP de Vite procedeuse á limpeza dos muros do patio e a limpeza e pintado das pistas deportivas exteriores. Tamén se pintaron as paredes de secretaría, dirección, as do corredor do primeiro andar, as do segundo e terceiro andar e o muro do aparcadoiro. Tamén se aperturou un acceso á horta para cadeiras de rodas, e se vernizaron as mesas exteriores da horta escolar. O custe destas actuacións ascendeu a 39.296,35 euros.
  • No CEIP de Roxos-Villestro, un dos principais centros do rural compostelán, retirouse o aramio entre o patio de primaria e o espazo da horta, así como o muro que queda fronte ás escaleiras do comedor. Tamén se pintou o muro do parque de infantil con pintura de pizarra, prolongouse a varanda do patio infantil e reforzouse a de acceso ao comedor no partio cuberto. A maiores substituiuse o valado posterior do centro, e procedeuse ao arranxo e pintado das aulas de primaria, do comedor, das columnas e da fachada de entrada o centro e da varanda que separa o pavillón. Unhas actuacións que tiveron un custe de 22.692,69 euros.
  • No Apóstolo Santiago pintáronse os radiadores, portas, o salón de actos e o comedor; dividíronse os inodoros do comedor, limpouse e arranxáronse os canlóns e baixantes e os desauges, e asfaltouse o acceso lateral do centro. O investimento estimado foi de 35.328,75 euros.
  • En Fontiñas, leváronse a cabo labores de pintado de portas e paramentos de escaleiras; e de limpeza e pintado das cúpulas de facahdas dos edificios de infantil e educación primaria e tamén das fachadas do patio cuberto. Tamén se procedeu ao arranxo do linoelo do hall de entrada, e das beirarrúas situadas na fachada do patio cuberto. Todas estas actuacións tiveron un custe de 36.290,55 euros.

Colaboración entre departamentos
A Concellería de Educación, en colaboración coa Concellería de Obras e outros departamentos municipais, executan ao longo do ano unha serie de obras ordinarias que se complementan nos períodos nos lectivos con intervencións de máis profundidade para garantir a correcta conservación, reparación e mantemento do total de 25 centros que dependen do Concello. Este total engloba 3 escolas rurais, 13 centros de educación infantil e primaria de carácter público, 6 escolas infantís municipais, 1 escola municipal de música e 1 ludoteca.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas