Home A Coruña As familias dánlle un sobresaliente á escola infantil municipal de San Sadurniño

As familias dánlle un sobresaliente á escola infantil municipal de San Sadurniño

- Anuncio -

Na de 0 a 1 ano non se rexistrou de momento ningunha matrícula, polo que o Concello podería solicitarlle á Xunta o seu agrupamento coa de 1-2

A Comisión de seguimento da Escola Infantil Municipal A Rolada reuniuse o pasado 23 de xullo para tratar distintas cuestións do funcionamento do centro e tamén para valorar os resultados da enquisa anual que se lles pasa ás familias. Os datos recollidos no cuestionario confirmaron de novo o elevado grao de satisfacción co servizo, que obtivo unha media global de 9,1 puntos. Os bloques temáticos polos que se preguntaba referíanse á atención do persoal da escola e do Concello, á calidade dos servizos que presta o centro, ás instalacións e á cualificación do grao de convivencia e comunicación que existe no seo desta pequena comunidade escolar. O centro infantil comezará o curso o próximo 6 de setembro cun total de 18 matrículas confirmadas, de modo que a escola aínda dispón de 20 vacantes.

Na aula de 2 a 3 anos cubríronse 10 das 17 prazas ofertadas, mentres que na de 1-2 se ocuparán un total de 8 das 13 dispoñibles. Onde non houbo ningunha solicitude -polo momento- é na unidade de bebés de 0 a 1 ano, que a día de hoxe ten todas as prazas libres.

Desde o Concello agárdase que ao longo do mes de agosto se produzan novas altas e, no caso da unidade de 0-1, se non houbese solicitudes, comunicaríaselle ao servizo de Familia e Menores da Xunta o peche da unidade e a solicitude de autorización dun agrupamento 0-2 para poder atender solicitudes de bebés que poidan chegar durante o curso 2021-22.

En calquera caso, as familias que o precisen poden inscribir a cativería en calquera das vacantes entregando a documentación presencialmente no Concello ou a través da Sede Electrónica. Se se elixe esta última opción haberá que elixir o procedemento Instancia xeral e despois adxuntar como anexos os documentos esixidos, incluido o modelo de solicitude que se pode descargar algo máis abaixo. A adxudicación das prazas farase seguindo a orde de entrada de cada petición no rexistro municipal.

Tanto para as matrículas xa formalizadas como para as que se tramiten nos próximos días ou semanas xa hai marcada unha data no calendario: o venres 3 de setembro ás 19.00h. Ese día e a esa hora desenvolverase na Casa da Xuventude a xuntanza coas familias para informalas sobre como vai ser o desenvolvemento do curso, que empezará trala fin de semana, o luns 6, coas entrevistas individualizadas cos pais e nais de cara a coñecer de antemán aspectos que poidan ser claves para unha atención á rapazada o máis personalizada posible. O martes 7 arrancará o período de adaptación, no que as nenas e nenos irán incrementando pouco a pouco o seu tempo de estadía na aula ao longo de aproximadamente dúas semanas.

Alto grao de satisfacción co servizo
Na xuntanza da Comisión de seguimento tamén se fixo balance do curso 2020-21 analizando a información recollida na enquisa que se lles pasou ás familias. A folla incluía 30 preguntas de avaliación cunha puntuación do 1 ao 5 divididas en catro bloques temáticos: Persoal do centro e do Concello, Servizos e procesos, Instalacións e, por último, Convivencia, comunicación e relacións na escola. En todos os apartados a maioría das respostas se situou entre o 4 e o 5, de xeito que as familias participantes no estudo cualifican a escola cun sobresaliente.

Canda estas preguntas pechadas incluíronse varios campos de resposta aberta para recoller achegas sobre cambios, actividades extraescolares e outras observacións, ademais de dúas preguntas xerais para coñecer a valoración xeral e saber ata que punto recomendarían este servizo socioeducativo a outras familias. En ambos os dous casos a media obtida é superior a 9 puntos sobre un máximo de 10.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas