Home A Coruña As inscricións dos Campamentos culturais de verán do Pazo entre o 12...

As inscricións dos Campamentos culturais de verán do Pazo entre o 12 e o 15 de xuño formalizaranse só para menores empadroados en Narón

- Anuncio -

O Padroado da Cultura formalizará do 12 ao 15 de xuño unicamente as inscricións nos Campamentos Culturais de verán presentadas por menores empadroados en Narón, se ben a xornada do venres 16 poderán tramitalas os menores empadroados noutros concellos. No momento da inscrición non será preciso presentar certificado de empadroamento, se ben ese requisito se comprobará con cada unha das solicitudes presentadas. No caso de que o menor non estea censado en Narón darase de baixa automáticamente destes campamentos e deberán solicitar oficialmente a devolución do importe abonado en concepto desa inscrición.

Os Campamentos culturais de verán do Padroado desenvolveranse do 3 de xullo ao 11 de agosto, en tres quendas con grupos de menores de entre 3 e 12 anos, tal e como se indicou dende o Padroado. O prezo por quincena é de 50 euros e as inscricións deben tramitarse nas oficinas do Pazo da Cultura –rúa Holanda s/n- de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.00 do 12 ao 16 de xuño, reservándose os catro primeiros días para que se inscriban as nenas e nenos empadroados en Narón, tal e como se recalcou dende o Padroado.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas