Home A Coruña As mostras de cociña da Pobra ensinarán innovadoras elaboracións para os menús...

As mostras de cociña da Pobra ensinarán innovadoras elaboracións para os menús do Nadal

- Anuncio -

As comidas son un dos principais focos de atención do Nadal e, para ensinar innovadoras elaboracións fáciles de replicar na casa, a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal promove novamente as mostras de cociña. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, xunto coa técnica municipal desta área, Sara Sánchez, destaca o éxito acadado no pasado ano, polo que se decide continuar neste co obxectivo tamén de “aprender novas receitas, centrándonos no produto de proximidade, no produto de calidade que se vende na praza de abastos. “

Dous cociñeiros de prestixio asumirán a tarefa de dar clases nos fogóns: no venres 13, con Luís Arijón, do Nojira; e no venres 27, da man de Iago Pazos, de Abastos 2.0. As persoas asistentes levarán tamén para a casa un receitario coas instrucións de preparación dos pratos.

Estes obradoiros impartiranse ás 19.00 horas, no mercado municipal, cun límite de 25 prazas cada un. As inscricións formalizaranse no enderezo electrónico promocioneconomicapobra@gmail.com a partir do 5 de decembro. Deberanse proporciona-los seguintes datos: o nome, os apelidos, o teléfono de contacto e a xornada na que se quere participar. Unicamente se pode acceder a unha mostra, aquela indicada como preferencia. En caso de apuntarse nas dúas, quedarase en lista de agarda na restante, e, de haber vacantes, cubrirase por orde de reserva.

Relacionadas

Incendio nun transformador eléctrico no soto do concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da casa consistorial...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

Compostela Cultura presenta nova temporada escénica con 33 espectáculos de teatro, danza e circo

0
A programación para o primeiro semestre de 2025 presenta tres focos temáticos que dirixen a atención cara á compañía Teatro do Noroeste, cara ao...

A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a aposta do...

0
O Concello, coa colaboración da Consellería e Economía, investiu 35.000 euros na mellora dos postos e na adecuación e creación de servizos coma unha...

Comeza un novo obradoiro de emprego que permite a contratación de 20 veciños en...

0
No día de hoxe deu comezo un novo obradoiro de emprego no que se realizarán distintos traballos de creación de mobiliario urbano e actuacións...

A cerimonia de acendido das luces abre este xoves a programación do Nadal na...

0
O acto terá lugar na praza de María Pita desde as 17.00 horas, coas actuacións de Peter Punk e Los Alcántara Este xoves comezará a...

Publicacións Relacionadas