Home A Coruña As obras da estrada de Sísamo entran na recta final cos traballos...

As obras da estrada de Sísamo entran na recta final cos traballos de aglomerado da calzada

- Anuncio -

O alcalde e o concelleiro de Mobilidade fixeron un percorrido pola vía, que completa a conexión entre a zona urbana de Carballo e o lugar do Outeiro

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, achegáronse ata Sísamo coincidindo coa execución das obras de aglomerado da estrada, xa na recta final do proxecto de reurbanización dos 1.760 metros de vía que abranguen desde o punto quilométrico 0+810, onde rematara a fase anterior, ata o final da vía no lugar do Outeiro (2+570).

A reforma integral deste treito da estrada provincial DP1901 ten un orzamento de 2.279.527,63 euros, financiados nun 72% pola Deputación da Coruña e nun 28% polo Concello. As obras son executadas pola empresa Vázquez y Reino. Ao longo da vía está a realizarse unha actuación integral, que permitiu completar as infraestruturas de abastecemento e saneamento de auga, tanto no tramo máis urbano coma no rural, e adaptar á vía á mobilidade a un ou dous niveis, dependendo da zona.

Os traballos seguen a mesa liña das fases anteriores: ancheamento e pavimentación da plataforma, construción de beirarrúas de baldosa hidraúlica cun ancho medio de 1,40 metros e dotación de servizos urbanos como saneamento e abastecemento de auga e alumeado con luminarias de LED de acero inoxidable. Tamén inclúen a instalación de mobiliario urbano e o axardinamento.

Relacionadas

Nereida Canosa pon en valor a colaboración público-privada para fomentar a inserción laboral de...

0
A concelleira de Benestar Social participou esta tarde na entrega de premios do programa Empréganos 2025, organizado por FEAFES Galicia nas instalacións do Centro...

O concello presenta á Á Xunta un novo programa de acción voluntaria 

0
Iría dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse...

Santiago promociónase como destino de eventos profesionais no Meeting & Incentive Summit

0
A través do Santiago de Compostela Convention Bureau, Turismo de Santiago tamén participou nunha reunión do Grupo de Traballo do Spain Convention Bureau. Turismo de...

Os coches retirados polo guindastre recolleranse nas naves municipais do polígono de Iñás

0
O depósito do guindastre municipal mudará de lugar, pois pasa a situarse nas naves municipais do Polígono de Iñás, lugar no que as persoas...

Arrinca a décima edición das xornadas gastronómicas ‘Lacónicas’, con máis de 30 locais participantes

0
Do 13 de febreiro ao 9 de marzo, 32 establecementos ofrecerán menús especiais de lacón con grelos, un dos pratos estrela da cociña galega  A...

Accidente con feridos no polígono da Tomada, no concello da Pobra do Caramiñal

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira, co apoio do parque de Boiro, foron mobilizados por mor dun accidente de tráfico no polígono da...

Publicacións Relacionadas