Free Porn
xbporn
Home A Coruña As praias de Ortigueira terán socorristas este verán despois de anos co...

As praias de Ortigueira terán socorristas este verán despois de anos co servizo minguado

- Anuncio -

• O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, celebra que “a pesar de todas as dificultades, conseguimos traer de volta este servizo básico ás nosas praias”.

• Os nove socorristas, todos contratados polo Concello de Ortigueira, comezarán a traballar este luns, 15 de xullo.

• Unha das prioridades do actual goberno local foi recuperar a calidade e a seguridade nun dos principais motores turísticos e económicos do municipio.

Nove socorristas comezarán mañá luns, 15 de xullo, a súa actividade nas praias de Ortigueira e Espasante, recuperando un servizo que o goberno local, dirixido por Valentín Calvín, tivo sempre como unha das súas prioridades.
O rexedor afirma que “ao fin logramos traer de volta un servizo básico para mellorar a calidade e a seguridade nos nosos areais, un dos principais recursos turísticos do noso concello e que atrae a miles de visitantes cada ano”. Calvín salienta en que “este é un recurso que Ortigueira nunca debeu perder” e que, se se recuperou “é grazas á implicación deste goberno e á inestimable colaboración da Xunta de Galicia”.
O alcalde celebra que “a pesar de todas as dificultades, incluído o voto en contra de toda a oposición, conseguimos traer de volta o socorrismo e o salvamento ás nosas praias, que tamén son un motor económico de Ortigueira”. Lamenta que “desde 2016 o servizo vísese minguado en persoal ou mesmo suprimido pola falta de compromiso dos anteriores dirixentes municipais”.
Cabe destacar que nove socorristas, todos contratados polo Concello de Ortigueira, é o número máis alto de profesionais desde hai case unha década, cando se agudizaron os problemas de contratación de persoal nesta materia.


SEDE DE FORMACIÓN
Esta non é a primeira iniciativa que o actual goberno local de Ortigueira realiza en materia de recuperación da calidade dos areais do municipio. Por unha banda, tamén relacionado co socorrismo, a vila foi unha das sedes da formación específica en socorrismo en Galicia esta pasada primavera.
A isto hai que sumar que o goberno local segue traballando en dotar aos socorristas duns medios técnicos adecuados para desenvolver as súas funcións. Á súa entrada no goberno, o executivo local atopouse cun material nun estado inservible, provocado polo abandono ao que se someteu durante anos previos. Dous das zódiacs de propiedade municipal estaban completamente inservibles, mentres que a terceira terá que ser reparada por completo.
Ademais, tamén se estiveron realizando diversas actuacións para mellorar o estado e a accesibilidade dos areais. Un exemplo é a obra na praia da Concha, na parroquia de Espasante, onde o Concello reparou as ramplas de acceso, permitindo ás persoas con mobilidade reducida chegar ata a caseta de salvamento e facilitando a transición das cadeiras de rodas convencionais ás específicas para o seu uso nas praias.

“DEVOLVER A CALIDADE Ás PRAIAS”
A suma de todas estas accións desenvolvidas desde o consistorio teñen un único obxectivo: “Devolver a calidade ás praias de Ortigueira”, declara Valentín Calvín. A recuperación do servizo de socorrismo e salvamento é un dos pasos necesarios para que os areais recuperen as Bandeiras Azuis, o selo de calidade de máis alto nivel ao que poden acceder.
Cabe lembrar que Ortigueira chegou a contar con cinco destes distintivos e, desde 2017, por mor da falta de mantemento e eliminación de servizos nos areais, non se consegue ningunha despois da perda do selo na praia de Morouzos.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas