HomeA CoruñaAs Somozas acollerá a VI edición de Malla no Seixidal

As Somozas acollerá a VI edición de Malla no Seixidal

- Anuncio -spot_img

• O evento pon en valor a tradición histórica do municipio e levarase a cabo o venres, 12 de setembro, a partir das 11:00 h.


As Somozas vivirá este venres, 12 de setembro, a VI edición da Malla no Seixidal, un evento que pon en valor a tradición histórica do municipio.

A celebración terá lugar a partir das 11:00 horas e poderá participar toda a veciñanza que o desexe, para achegarse a coñecer as labores do campo máis tradicionais do noso municipio.

Na actividade, as persoas expertas levarán a cabo a malla tradicional con máquinas antigas, batendo os cereais ca finalidade de separar o gran do millo para despois poder elaborar a fariña.

Esta é a súa VI edición despois de que o Concello convertera o lugar do Sexidal nun museo etnográfico para mostrar como era a vida e o traballo no campo.

O alcalde, Juan Alonso, destacou “a importancia de continuar celebrando este tipo de eventos que poñen en valor a tradición e cultura e a tradición do municipio”.

“Esta sexta edición da Malla do Seixidal confirma a aposta do noso goberno para revitalizar esta clase de festas, que reúnen a todos os veciños e veciñas, fortalecen lazos entre eles e favorecen o sentimento de pertenza á comunidade”, rematou o rexedor.

Publicacións Relacionadas