Free Porn
xbporn
Home A Coruña As Somozas celebra o 23 de xuño a súa gran noite meiga

As Somozas celebra o 23 de xuño a súa gran noite meiga

- Anuncio -

• A área do Carballo acollerá desde as 20:00 horas unha sardiñada popular, animación infantil e os concertos en directo dos grupos “BlackJack” e “The Fabulous Frank Fairlane Dj”.
• Ademais, o 22 de xuño terá lugar o San Xoán de Seixas e o fin de semana do 6 e 7 de xullo as festas na honra a Santa Isabel en Recemel.

As Somozas, 18 de xuño – O Concello das Somozas prepárase para celebrar a súa gran noite meiga, unha cita que ten como obxectivo dar a coñecer e recuperar as tradicións que acompañan a esta data tan arraigada na cultura popular galega.

Esta edición celebrase o domingo, 23 de xuño, a partir das 20:00 horas, na área recreativa do Carballo e inclúe propostas de lecer para toda a veciñanza.

Entre as actividades programadas destacan as propostas para o público máis novo, con actividades de animación infantil, así como unha sardiñada popular para toda a veciñanza que se achegue á zona.

A celebración contará tamén coas actuacións musicais en directo de “Grupo BlackJack e “The Fabulous Frank Fairlane Dj”.

O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, anima a toda a veciñanza a gozar desta noite meiga, “unha proposta cultural que pretende ser un punto de encontro da veciñanza para gozar dunha noite máxica na nosa vila”.

Ampla programación cultural de verán
Ademais da noite meiga das Somozas, a parroquia de Seixas acollerá o seu San Xoán unha noite antes, a do sábado 22 de xuño.

O campo da festa de Seixas será o escenario para esta festa de San Xoán na que haberá cea e fogueira desde as 21:00 horas. A Asociación de veciños de Santa María de Seixas organiza esta celebración, en colaboración co Concello, na que o menú gastronómico estará composto por empanada, churrasco, chourizo, patacas, pan, bebida e postre e que terá un custo de 17 euros para os socios, 22 euros para os non socios e 10 euros para os nenos e nenas.

Tamén, durante a fin de semana do 6 e 7 de xullo, Recemel acollerá as súas festas na Honra a Santa Isabel onde actuarán as orquestras Stereo e Dúo Crazy o sábado e Trío D`Nika o domingo.

Ademais, os dous días haberá misa solemne ás 13:00 h, fogos de artificio e sesión vermú.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas