As Somozas continúa fomentando o aprendizaxe de idiomas e mecanografía para a súa veciñanza

adminON
Lectura mínima de 1

• Estas propostas están financiadas ao 100% con fondos municipais e serán realizadas por persoal cualificado no CEIP Marbán.

• O alumnado inicia e profundiza no vocabulario e aspectos doutras linguas, así como adoptar coñecementos básicos de mecanografía.

O Concello das Somozas continúa fomentando dúas actividades, mecanografía e clases de idiomas, financiadas ao 100% con fondos municipais e que serán realizadas por persoal cualificado no CEIP Marbán.

Así, o alumnado leva meses iniciando e profundando no vocabulario e aspectos doutras linguas, así como adoptando coñecementos básicos de estenotipia para o seu día a día, debido aos avances tecnolóxicos da sociedade.

Ademais, o centro CEIP Marbán está a acoller o curso do proxecto EDIXGAL.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destaca que “estas formacións, que son de balde e financiadas totalmente polo Concello das Somozas, busca que o alumnado-traballador poida aplicar os coñecementos adquiridos no mercado laboral”.

Comparte este artigo