Alternativa dos Veciños convida á veciñanza a participar nas asembleas abertas que se celebrarán nas distintas parroquias do municipio ao longo do mes de marzo.
O grupo recollerá as inquedanzas da veciñanza e informará da situación de parálise actual do Concello tras a moción de censura contra o alcalde lexítimo, Javier Gestal.
A veciñanza poderá asistir aos diferentes encontros que se realizarán no municipio:
• As Travesas: 5/3/2026 en Casa Avelina ás 20 horas.
• Cañás: 6/3/2026 no Local Social ás 20 horas.
• San Vicente: 7/3/2026 no Local Social ás 20 horas.
• Beira: 12/3/2026 no Local Social ás 20 horas.
• Canedo: 13/3/2026 no Local Social ás 20 horas.
• Barcia: 15/3/2026 no Local Social ás 18,30 horas.
• Sergude: 20/3/2026 no Local Social ás 20 horas.
• Quembre: 21/3/2026 no Local Social ás 20 horas.
• Tabeaio: 22/3/2026 no Local Social ás 12 horas.
• Paleo: 27/3/2026 en Toñito Espiñeira ás 20 horas.
• A Cabra: 28/3/2026 no Local Social ás 12 horas.
Con esta iniciativa, Alternativa recollerá as necesidades e da veciñanza para demandalas ao executivo local e explicará as obras que se están actualmente en execución no municipio, xa que son as aprobadas durante o seu período de goberno.



