Home A Coruña Así non, señor alcalde, así non. Falla de empatía e nova falta...

Así non, señor alcalde, así non. Falla de empatía e nova falta de respecto ás familias e alumnado

- Anuncio -

Levamos xa moitos meses, por non dicir anos, padecendo unha problemática seria no relativo á xestión de persoal no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, agravada nos últimos tempos, o que conlevou ante o fartazgo pola situación a que logo de proceso participativo de reflexión e escoita activa das familias, se tomase a decisión unánime en asamblea extraordinaria convocada pola ANPA O BURGO o día 1 de febreiro de 2023, iniciar unha serie de concentracións públicas que visibilizasen as nosas demandas para garantir unha mellora no servizo educativo público de ensinanzas artísticas.

O 26 de xaneiro enviou vostede unha carta ás familias na que manifestaba o seguinte:
“Entendo perfectamente a preocupación que ten a comunidade escolar ante a falta de substitución do profesorado cando se producen baixas nas persoas titulares das prazas. O Concello de Culleredo e eu como alcalde son o primeiro interesado en que o centro conte con todo o persoal docente necesario para desenvolver con normalidade a formación e quero manifestar que non pararemos no noso empeño de que así sexa, traballando en absolutamente todas as posibilidades existentes no marco da lexislación vixente. O Conservatorio Profesional de Culleredo é unha aposta propia deste goberno municipal desde a súa creación, cunha grande dedicación de recursos municipais porque cremos firmemente no ensino público. O centro é unha referencia en Galicia e o meu compromiso é que siga sendo así”.

Nesa carta tamén informaba dunhas canles de comunicación directa coa alcaldía para que as familias contactasen para aclarar as súas dúbidas. Somos coñecedoras de que moitas das familias que enviaron escritos non obtiveron resposta algunha pola súa parte.

O día 8 de febreiro comezamos todos os mércores as concentracións diante do Conservatorio e a partir de aí tamén os domingos no feirón de Culleredo. Tamén realizamos unha campaña de recollida de sinaturas de apoio e solidariedade coas reivindicacións das familias, presentando recentemente no Rexistro Municipal máis de 600.

O día 23 de febreiro rexistramos unha solicitude de xuntanza coa alcaldía para tratar unha serie de puntos ao noso entender moi relevantes sobre a situación e incluso ofrecimos en máis dunha ocasión posibles alternativas. Non obtivemos resposta a esta solicitude de xuntanza.

O 10 de marzo publicou a bombo e platillo en prensa a noticia da contratación inminente dun profesor/a externo para suplir unha das baixas de docente de piano. Esta a información a recibimos pola prensa, xa que dende o goberno municipal non se tivo a deferencia de informar á ANPA e ás familias.

Ao non obter a información solicitada ao goberno municipal, solicitamos unha xuntanza coa dirección do centro, xuntanza á que acudíu unha asesora de alcaldía, que nos confirmou as nosas sospeitas sobre que esa contratación non se ía finalmente a realizar. Nin vostede nin ningunha das concelleiras de referencia para o noso centro adicaron un momento a escoitarnos e falar sobre a situación. A persoa enviada á reunión non foi capaz de respostar ás nosas múltiples preguntas sobre a organización e xestión do persoal, ben por descoñecemento e falta de información, ben porque non interesa facilitar uns datos básicos sobre cuestións que afectan directamente ao bo funcionamento do centro e á calidade das ensinanzas que reciben as nosas crianzas.

No último Pleno Municipal, contestou vostede na quenda de rogos e preguntas que sí se reunira xa coa ANPA O BURGO. Díganos con quén, porque dende logo esta Xunta Directiva non ten constancia de que se tivese celebrado a reunión que lle solicitamos o 23 de febreiro. Ou rectifique esa afirmación, que tamén é unha opción.

PORQUE SÍ, SEÑOR ALCALDE, aquí ao final do que se trata é de garantir que ofuncionamento do centro é o óptimo e tentar anticiparnos a posibles problemáticasque, por desgracia por experiencia acumulada deste e doutros anos preveemos que van volver a suceder.

Dixo vostede unha vez en prensa e tamén en entrevista na radio que esta ANPA está politizada. Na prensa non o dixo unha vez soa, non. Erguémonos hoxe cunha noticia no xornal A Opinión A Coruña, na que se informa de que retomamos as concentracións logo do parón das vacacións da semana santa e a resposta por parte do Concello de Culleredo é que “achaca a protesta á súa politización”.

Se houbese tido o acerto e a consideración de reunirse coa representación das familias, sabería de primeira mán, cáles son os motivos que nos guían para seguir coas reivindicacións e coas concentracións. Sabería que NON NOS SIRVE UN PARCHE PARA UN PROBLEMA QUE CONSIDERAMOS ENDÉMICO DESTE CENTRO, que como vostede dixo na súa misiva, debería ser un centro educativo de referencia a nivel local e comarcal e tamén unha aposta por unha ensinanza pública de calidade.

A ANPA O BURGO é diversa na súa composición e tamén as familias que forman parte deste Conservatorio. Non nos move elemento partidista nin periodo electoral. MÓVENOS A EDUCACIÓN DOS/AS NOSOS/AS FILLOS E FILLAS. PORQUE NON NOS SIRVEN MÁIS PARCHES E QUEREMOS SOLUCIÓNS!!!
CONTINUAREMOS COAS NOSAS REIVINDICACIÓNS: ENSINO ARTÍSTICO PÚBLICO DE CALIDADE

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas