Home A Coruña Avanza a actuación de rexeneración na Ribeiriña

Avanza a actuación de rexeneración na Ribeiriña

- Anuncio -

A rexeneración de espazos ambiental e visualmente degradados é o obxectivo que persegue a intervención que se desenvolve na Ribeiriña trala recuperación por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico dos terreos de dominio público marítimo terrestre concesionados no seu día ás fábricas La Onza de Oro e Hadasa.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra); e o xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil; achegáronse ata o lugar para comprobar o avance dos traballos que complementan a actuación iniciada no 2011 co derribo da nave de La Onza de Oro.

Financiada con fondos do Plan de Recuperación por un importe preto dos 800.000 euros, esta nova fase busca reverter ao seu estado natural unha superficie de aproximadamente 5.500 metros cadrados. Para acadar tal obxectivo, as tarefas comprenden a demolición da explanada, escolleras e ramplas, cun prazo de execución de arredor de oito meses, polo que concluirán no verán. O proxecto contempla tamén unha senda litoral integrada na paisaxe que sirva como transición entre a costa e os núcleos de vivendas próximos.

A protección do ecosistema mariño durante este período acentúase coa colocación dunhas barreiras antitubidez para minimiza-la dispersión de finos en suspensión.

Esta obra inclúese na segunda fase do plan de actuacións do Ministerio cara a recuperación do dominio público marítimo terrestre na provincia da Coruña.
Rivas destaca a importancia de suprimir elementos cun impacto negativo para así poñer en valor a zona. Engade que esta acción “permite ver como o Plan de Recuperación está chegando a cada unha das cidades e pobos da nosa provincia.”

Con relación á planta de Hadasa, o rexedor aclara que non se derruba agora, pois é propiedade privada, se ben o empeño do Concello é a eliminación desta estrutura, principalmente, por cuestións de seguridade. Ao tratarse de solo rústico de protección de Costas, só poderán actuar fóra da liña de servidume e presentando un proxecto que redunde en beneficios para o lugar.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas