HomeA CoruñaAxenda cultural fin de semana en Cariño

Axenda cultural fin de semana en Cariño

- Anuncio -spot_img

SARABELA TEATRO: CRÓNICAS DO PARAÍSO.

Sábado 8 outubro – 19.30 horas – Auditorio Municipal
Entrada: 3€ (á venda no LOCAL SOCIAL dende o sábado 1 de outubro).

Creación e dirección: GONÇALO GUERREIRO
Adaptación / Versión: FERNANDO DACOSTA
Elenco: FINA CALLEJA, SABELA GAGO, FERNANDO DACOSTA, FRAN LAREU, ELENA SEIJO.
Duración: 70 minutos.

Sinopse:

Madame de Nancy, Clarina e Xan Dorne viaxan cara ao funeral de Madame de Quelven acompañados polo clérigo Sochantre. Durante a noite que pasan xuntos confúndese a morte coa vida e o drama coa comedia.

O funeral de Madame de Quelven contextualiza un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, sexo, diñeiro e sangue. Ao ritmo do blues o crime compensa, porque o diñeiro compra todo, incluso a propia morte. Nas “Crónicas do Paraíso” ninguén morre, quizais porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido, o poderoso, o socialmente envexado, ese, siga eternamente vivo.

Na cerimonia fúnebre interprétase a música prometida en testamento polo Sochantre de Crozon a Madame de Quelven a cambio da propiedade do pomar do alto. O Sochantre, home relixioso e defensor dos valores da alma, está determinado a cobrar o que lle é debido e pouco a pouco vaise revelando máis achegado aos segredos da carne que ás virtudes do espírito. A actitude obstinada do clérigo acaba por envolver aos cinco personaxes nun enmarañado conflito de valores, culpas e desexos que os leva a revelar os seus máis profundos segredos e pecados.

Descubrimos que todos son culpables criminosos protexidos, integrados e admirados por unha realidade social que exalta a beatitude do poder económico.

A forza do capital, da igrexa e do negocio escuro colocan aos personaxes nunha situación irónica entre vida e morte na que a eternidade acaba por afirmarse como a máis pura recompensa da impunidade xudicial.

Publicacións Relacionadas