Home A Coruña Bach e Edvard Grieg, protagonistas do concerto de Reis que interpretará mañá...

Bach e Edvard Grieg, protagonistas do concerto de Reis que interpretará mañá a Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia no Teatro Colón

- Anuncio -

Máis de 80 rapazas e rapaces, en idades comprendidas entre os 6 e 15 anos, versionarán pezas de grandes autores, baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias

O Teatro Colón abre mañá as súas portas ao concerto de Reis da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia, no que 83 rapazas e rapaces pertencentes á agrupación interpretarán seis pezas musicais, entre as que se inclúen clásicos de grandes autores como Johann Sebastian Bach e Edvard Grieg.

A actuación, que comezará ás 19.00 horas, estará dividida en dúas quendas. A primeira, coa saída ao escenario do Grupo Pizzicato, que inclúe a rapazada de menor idade de entre todos os nenos e nenas pertencentes á Orquestra Infantil. Os máis pequenos, co director Enrique Iglesias na batuta, versionarán as seguintes obras:

● Soós András: Música de Nadal para a Orquestra Infantil de corda.
● Johann Sebastian Bach: Coral nº 5.
● Georg Muffat: Florilegium Primum Suite nº 1, ‘Eusebia’.

Ademais, o concerto inclúe a actuación do Grupo Arcos, no que toman parte as rapazas e rapaces de máis idade da Orquestra Infantil da OSG. Dirixidos por Jorge Montes, os músicos do Grupo Arcos interpretarán as seguintes pezas:

● Edward Elgar: Elexía para corda, op. 58.
● Edvard Grieg: Dúas melodías elexíacas, op 84.
● Christoph Willibald Gluck: Sinfonía en sol maior.

As entradas para asistir ao concerto xa están á venda e dispoñibles a través da páxina web de Ataquilla. O custo dos pases é de 5 euros.

As orixes da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

A agrupación infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) ten máis dunha década de percorrido. Está formada por un total de 83 nenos e nenas, en idades comprendidas entre os 6 e 15 anos e que conforman o viveiro da Sinfónica de Galicia. Ao igual que neste concerto previsto mañá no Teatro Colón, a Orquestra Infantil da OSG ofreceu a primeira actuación da súa traxectoria baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias Precedo.

Foi en abril do ano 2011, cun concerto aberto ao público e que tivo lugar na cidade.
O concerto de Reis da Orquestra Infantil da OSG xa é un clásico do calendario de Nadal na Coruña, celebrándose o día 4 de xaneiro desde hai cinco anos.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas