Home A Coruña Badaladas, animación e música para recibir ao 2026: así será a Festa...

Badaladas, animación e música para recibir ao 2026: así será a Festa de Aninovo da Pobra

0
2

· Mañá, mércores 31 de decembro, terán lugar as prebadaladas a cargo de Mariló Ríos, da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas.

· Na madrugada do xoves, 1 de xaneiro, a cita arrincará ás 2.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán cunha festa de fin de ano con discoteca móbil e cotillón.

Badaladas, animación e música para pór o broche de ouro ao 2025 e recibir o novo ano por todo o alto. Esa é a proposta que o Concello, a través das Concellerías de Cultura e Deportes, ten preparada para mañá, mércores 31 de decembro, e para a madrugada do xoves, 1 de xaneiro.

O programa arrincará mañá, mércores 31 de decembro, ás 11.30 horas diante do Concello. Nese momento, levarase a cabo a entrega de uvas e cotillón ao público asistente e, ás 11.45 horas, terán lugar as prebadaladas a cargo de Mariló Ríos, da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas. Ademais de formar parte da entidade, esta veciña da Pobra é cantareira e ten unha gran destreza en disciplinas artísticas como o baile, o teatro e a poesía. Ás 12.00 horas terán lugar as badaladas e, ás 12.15 horas, haberá unha animación polas rúas do municipio a cargo de Festicultores Troupe.

A cita non concluirá aí, senón que se reanudará durante a madrugada do xoves, 1 de xaneiro. Co obxectivo de reunir ao maior número de persoas posibles, a celebración arrincará, finalmente, ás 2.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán cunha festa de fin de ano con discoteca móbil e cotillón.