Home A Coruña Andaina interxeracional na Pobra co gallo do Día Mundial do Alzheimer

Andaina interxeracional na Pobra co gallo do Día Mundial do Alzheimer

- Anuncio -

Máis de 300 persoas participaron na primeira andaina presencial Os camiños da memoria promovida polo centro de día da Pobra do Caramiñal coa colaboración do Concello. O desfile estivo integrado por persoas usuarias, familiares das mesmas e profesionais dos centros de día da Pobra, Porto do Son e Rois, ademais de alumnado e profesorado do CEP Salustiano Rey Eiras. Tamén contou con representación da Administración local, nesta ocasión, a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG).

Esta acción xurdiu durante a pandemia de maneira online con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que se conmemora no 21 de setembro, para “dar visibilidade a unha doenza que padecen os nosos maiores”, segundo explica a directora, Fátima Sendón, e traballando esta cuestión dunha maneira máis activa coa rapazada.

O itinerario partiu das inmediacións da instalación pobrense para dirixirse pola rúa Venecia, paseo dos Areos e vías do centro da vila ata chegar aos Xardíns de Valle-Inclán, onde tivo lugar un acto. Juan Pérez, usuario do centro pobrense, efectuou a lectura dun texto relativo á perda de memoria e á vellez, ao igual que fixeron algúns/algunhas dos/as estudantes do referido centro educativo. A cativada tamén quixo agasallar aos maiores cunha serie de debuxos e intercambiaron experiencias.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas