HomeA CoruñaA CoruñaMúltiples avisos de persoas atrapadas en ascensores debido ao corte eléctrico

Múltiples avisos de persoas atrapadas en ascensores debido ao corte eléctrico

- Anuncio -spot_img

Os parques provinciais de Boiro, Arzúa, Ribeira e Arteixo atenderon ata nove avisos por persoas atrapadas en ascensores nos respectivos concellos. O corte de luz provocou que os ascensores se quedaran parados, quedando atrapadas as persoas que os empregaban nese momento.

No parque provincial de Arteixo recibiron o aviso por parte do 112, mentres que no de Boiro foron alertados por parte de persoas particulares, xa que o teléfono de emerxencias non lles funcionaba.

Publicacións Relacionadas