Home A Coruña Barral valora positivamente que a Axenda Urbana 2030 de Ribeira inclúa moitas...

Barral valora positivamente que a Axenda Urbana 2030 de Ribeira inclúa moitas propostas do BNG

- Anuncio -

O Pleno de Ribeira aprobou por unanimidade hoxe o Plan da Axenda Urbana 2030 que busca, partindo da singularidade propia do concello de Ribeira, dar resposta aos retos de futuro e combater o cambio climático.

A Axenda Urbana 2030, debe marcar os obxectivos para cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel marcados a nivel internacional para evitar un cambio climático cada vez máis extremo. Marca 10 obxectivos estratéxicos como son: Ordenación e protección do territorio, revitalización urbana, redución dos impactos do cambio climático, xestión sostible dos recursos, mobilidade sostíbel, fomento da cohesión, impulso da economía, garantir o acceso á vivenda, fomento da innovación dixital e mellora da gobernanza e participación.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, valorou positivamente que moitas das 60 accións e 11 proxectos estratéxicos recollidos no documento teñen sido propostas que o Bloque defendeu con múltiples iniciativas plenarias. “Acollemos con especial importancia a inclusión de accións como a creación de zonas verdes, a protección do patrimonio ribeirense como protexer Cerqueira como propuxeramos en 2021, impulsar o transporte público e mobilidade sustentábel, xerar enerxía renovábel coa que abaratar os gastos enerxéticos ou garantir a participación veciñal foron defendidas polo BNG en múltiples ocasións”.

Pérez Barral declarou que o Plan é correcto grazas ás múltiples achegas pero advertiu que “o principal problema ao que se pode enfrontar é o propio goberno local por ser incapaz de executalo e por levar anos facendo o contrario do que deberían”. Segundo o voceiro nacionalista “os feitos falan e o que din é que Ribeira ten un goberno incapaz de resolver problemas e sacar proveito das potencialidades que ten a localidade”. Barral cre que será o seguinte goberno o que teña que aplicar o plan e asegurou que o BNG está á altura do que a veciñanza demanda. “Temos que desenvolver as potencialidades de Ribeira só fai falta un goberno disposto a confiar e a traballar para avanzar e construír unha Ribeira mellor” finalizou.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas