Home A Coruña Belén do Campo supervisa a zona na que se van a executará nas...

Belén do Campo supervisa a zona na que se van a executará nas novas sendas peonís na estrada AC-433 en Laxe, cun investimento de preto de 1M€

- Anuncio -

A delegada da Xunta informou que a previsión é aprobar o proxecto a mediados deste ano para posteriormente licitar a obra

Estes itinerarios, que se desenvolverán pola marxe dereita da citada estrada autonómica, suman unha lonxitude total de case 2 quilómetros

Con estas actuacións daráselle continuidade aos itinerarios xa executados na AC-433 en Soesto e Serantes, conformando un itinerario continuo e seguro para os peóns

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Laxe, Francisco Charlín e pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisaron a zona na que se van a executar novas sendas peonís na estrada AC-433, unha actuación que conta cun investimento de preto de 1M€.

Belén do Campo explicou que o Consello da Xunta aprobou este proxecto que xa está en información pública. Posteriormente aprobarase o proxecto definitivo a mediados deste ano, para licitar a execución da obra.

A delegada recalcou que os traballos contarán cun prazo de execución de 12 meses e terán como obxectivo a execución de dous novos tramos de sendas peonís na estrada AC-433: un primeiro que parte do núcleo de Castrelo uníndose coa senda xa executada en Serantes; e un segundo, que enlaza este núcleo co de Laxe. Estes itinerarios, que se desenvolverán pola marxe dereita da citada estrada autonómica, suman unha lonxitude total de case 2 quilómetros.

De xeito máis concreto, proxéctase un primeiro tramo de senda situado preto de Castrelo, no punto quilométrico 10+494,  que finalizará no inicio da senda existente en Cabanas,

O segundo tramo permitirá a conexión entre Cabanas e Finllido, discorrendo entre os puntos 11+731 e 12+428. Neste treito prevense dúas zonas de aparcamentos.

Con estas actuacións daráselle continuidade aos itinerarios executados entre os anos 2022 e 2023 na AC-433 en Soesto e Serantes, no municipio de Laxe, conformando así un itinerario continuo e seguro para os peóns.

O proxecto incluíuse na segunda fase do Plan de Sendas en estradas autonómicas, aprobado no mes de decembro polo Consello da Xunta de Galicia, e prevese que sexa cofinanciado con fondos europeos FEDER 21/27.

Relacionadas

A Xunta salienta o protagonismo de Galicia no automobilismo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na presentación do equipo Ares Racing para a tempada 2025, na que...

Fabiola García pon en valor a importancia do audiovisual como ferramenta de cambio social...

0
A conselleira felicitou a todas as participantes no certame e agradeceu o seu labor para lograr unha Galicia máis igualitaria A conselleira de Política Social...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

A Xunta favorece a empregabilidade da mocidade por conta propia e allea lanzando novos...

0
José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas Investigo (4,8 M€), o de primeira experiencia profesional (6,3...

A Xunta aposta pola mediación nunha xustiza centrada na cidadanía

0
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na xornada ‘A mediación: outra forma de resolución de conflitos e potenciar a competitividade das empresas’,...

Abegondo aproba por unanimidade os fondos do POS e a actualización do inventario

0
· Rexeitada a moción do BNG sobre a revisión do convenio do Deportivo ao lograr só o voto favorable do edil nacionalista O Concello de...

Publicacións Relacionadas