Chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar a San Sadurniño. Os Magos pasaron este serán polo Pavillón Municipal na parte final dunha festa de benvida ofrecida polo Concello na súa honra. Nela houbo inchables adaptados a distintas idades, unha cama elástica, un obradoiro de decoración de bolsas de tea (tote bag) e a degustación de balde de chocolate con roscón.
As SS.MM. recibiron e falaron devagar coa rapazada, que en moitos casos aproveitou a proximidade dos reis para entregarlles en man a carta ou para pedirlles agasallos de última hora.



