Home A Coruña Costa da Morte Turismo presenta a súa estratexia en FITUR 2022

Costa da Morte Turismo presenta a súa estratexia en FITUR 2022

- Anuncio -

A presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, presentará o xeodestino mañá venres a partir das 15.00 horas nun acto no stand de Turismo de Galicia no que participará a alcaldesa de Cee, que promocionará o Ano Xubiliar de Cee 2022-2023, e a asociación Solpor

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) está presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR 2022), que se celebra en Madrid desde onte (19/01/2022) e que rematará o próximo domingo (23/01/2022), onde presentará a súa estratexia para a promoción do turismo no xeodestino do que forman parte 17 concellos da Costa da Morte. CMAT contará cun espazo no stand de Turismo de Galicia, entidade que promociona o Ano Santo Xacobeo 2021-2022. Tamén asisten, en colaboración coa CMAT, o Concello de Cee e a asociación Solpor. “Acudimos a FITUR para dar a coñecer ao mundo do turismo que a Costa da Morte é un espazo único”, destaca Mónica Rodríguez, presidenta da CMAT. “Queremos contribuir á recuperación do sector como destino sostible e xerar a confianza de que somos un destino seguro”. FITUR 2022 é a primeira cita anual para os profesionais do turismo mundial, na que os destinos acuden como un foro único onde se promocionan as marcas, presentan productos, coñécense as últimas tendencias, péchanse contactos e márcanse perspectivas para os próximos anos.

A presidenta de Costa da Morte Asociación Turística, Mónica Rodríguez, será a encargada de presentar mañá venres (21/01/2022) o xeodestino aos profesionais do turismo presentes en FITUR 2022. Será no stand de Turismo de Galicia a partir das 15.00 horas. Tras unha breve presentación proxectarase o vídeo da CMAT que leva o título de Costa da Morte, Naturalmente Salvaje.

A continuación intervirán Margarita Lamela, alcaldesa de Cee, e Désiré Kouakou Tanoh, sacerdote da parroquia de Santa María da Xunqueira de Cee. A alcaldesa falará da Costa da Morte 2022-23. Cee, Año Jubilar, e das oportunidades para atraer viaxeiros para toda a Costa da Morte, en especial, peregrinos que realicen o Camiño de Fisterra e Muxía. O sacerdote Désiré Kouakou, pola súa parte, presentará un vídeo para promocionar o Ano Xubilar de Cee 2022-23.

O presidente da asociación Solpor, Jesús Picallo, tras ser presentado pola presidenta de CMAT, falará da programación e accións da entidade que preside para 2022 e dará paso ao vídeo Solpor, Camino de Santiago a Fisterra y Muxía. Mónica Rodríguez agradecerá aos presentes a súa asistencia e pechará o acto de presentación da CMAT en FITUR 2002.

+ sobre CMAT. Costa da Morte Asociación Turística, presidida por Mónica Rodríguez Ordóñez, é unha asociación sen ánimo de lucro que integra aos diferentes axentes locais, públicos e privados, coa finalidade de desenvolver o territorio en materia turística. Concretamente para promocionar o xeodestino Costa da Morte, integrado por 17 concellos, mellorar a calidade e a innovación en servizos, consolidar e ampliar a oferta turística nos eidos de público con maior potencial de crecemento e, en definitiva, contribuir ao impulso económico e social do xeodestino, integrado polos concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas