Home A Coruña Aberto ata o 26 de marzo o prazo para participar no XXVII...

Aberto ata o 26 de marzo o prazo para participar no XXVII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

- Anuncio -

Repartiranse máis de 3.000 euros en premios agrupados en catro categorías

Cartaz Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís 2025
A Concellaría de Cultura abre até o 26 de marzo o prazo para participar na XXVII edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, unha cita que cada ano desde hay vinte e sete ten o obxectivo de contribuír á creación artística e a fomentar a divulgación da fotografía. A denominación de Xosé Manuel Eirís para este concurso provén do recoñecemento que o Concello de Carballo e as entidades culturais do municipio queren render a unha persoa vinculada ao mundo cultural e artístico de Galicia, que foi animador cultural de Carballo.

O concurso reparte un total de 3.050 euros en premios:


1º premio: 1.500 € e diploma.
2º premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios), patrocinado por Interfilm Carballo.
O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300€.
Algúns dos aspectos máis salientables das bases son os seguintes:

Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras.
As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames, nin ter sido empregadas con finalidade comercial, nin publicitaria, nin cedidas para uso público.
As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm).
Cada fotografía deberá vir acompañada do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.
Podedes consultar as bases íntegras en PDF, tanto en galego como en castelán, máis abaixo nesta mesma nova.

Relacionadas

Inés Rey destaca a colaboración interadministrativa como modelo para impulsar “iniciativas do calado de...

0
A alcaldesa da Coruña participou esta mañá na visita ás obras da conexión ferroviaria co porto exterior, que avanzan agora co cale do túnel...

Neda contará cunha axuda provincial de 40.000 euros para activar o seu programa de...

0
O Concello de Neda reeditará ao longo do 2025, coa colaboración da Deputación da Coruña, o seu programa de integración laboral. O obxectivo da...

O espectáculo de ‘Bian Lian’, da Ópera de Sichuan, chega á Coruña da man...

0
· Trátase dunha arte dramática moi popular e tradicional en China que consiste en que os intérpretes cambian a unha velocidade de vertixe unha...

Dúas novas xornadas enmarcadas no Programa Acelera Pyme para impulsar a protección legal e...

0
• A primeira xornada, “Medidas legais para protexer o meu negocio en internet” será o 11 de febreiro, a partir das 10:00 horas • A...

O PP de Culleredo denuncia a falta de investimento en saneamento para o rural

0
∙ Os populares esixen “que se actúe dunha vez por todas, o rural merece respostas e solucións xa”. ∙ A líder popular, Izaskun García, sentenza:...

Miño, sede do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16

0
O Campo Municipal de Gallamonde acollerá encontros crave do torneo nacional de fútbol basee. O Concello de Miño anuncia que o municipio será unha das...

Publicacións Relacionadas