Home A Coruña As praias de Baldaio-Saíñas, Pedra do Sal e Razo renovan un ano...

As praias de Baldaio-Saíñas, Pedra do Sal e Razo renovan un ano máis as súas Bandeiras Azuis

- Anuncio -

A senda costeira Razo-Baldaio tamén renova a distinción de Sendeiro Azul

A Bandeira Azul volverá a ondear este verán nas praias de Baldaio-Saíñas, Pedra do Sal e Razo. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) vén de facer pública a listaxe de praias con bandeira azul, que ten como principal obxectivo estimular o cumprimento da Directiva de Calidade de Augas de Baño da UE. Neste sentido, as cinco zonas de baño do noso litoral que están controladas sanitariamente (Pedra do Sal, Razo, Arnados, Ría de Baldaio e Saíñas) acadaron a cualificación de excelente, segundo a clasificación sanitaria que podes consultar aquí.

Ademais de premiar a calidade das augas de baño, dos areais e dos servizos que prestamos aos usuarios e usuarias, Adeac tamén volve a distinguir este ano a Senda do Mar Razo-Baldaio como Sendeiro Azul.

A Concellaría de Praias ten como principal obxectivo a procura da excelencia en todos os parámetros que determinan a saúde do noso litoral e a calidade dos servizos que se prestan nel. Grazas ao traballo que se desenvolve ao longo do ano, Carballo vén renovando ano tras ano o distintivo da Bandeira Azul para diferentes espazos, e ademais é o único concello da Costa da Morte e un dos poucos de Galicia que conta cos certificados ISO 14001 e EMAS (Certificado do Esquema Europeo de Ecoxestión e Auditoría), que implican un compromiso coa prevención da contaminación, a mellora continua do areal, a xestión de residuos e, ademais, permiten que os usuarios e usuarias poidan presentar reclamacións.

Nestes momentos está en marcha tamén o proceso de selección dos 32 socorristas que traballarán este verán nos nosos areais, ao tempo que, de maneira coordinada coas diferentes institucións, empresas e entidades implicadas no desenvolvemento sostible do litoral, estamos a realizar a planificación de todos os servizos de cara á temporada estival.

Dende o ano 2014 temos implantado un sistema de xestión ambiental, de cuxo seguimento se encarga un órgano xestor e que ten como principal obxectivo converter as praias carballesas nun referente paisaxístico sostible co medio ambiente. Neste sentido resulta imprescindible a colaboración de todas as persoas usuarias para realizar unha xestión correcta dos residuos, ademais de respectar as especies de flora e fauna autóctonas da nosa costa, algunha tan ameazada coma a píllara das dunas, e de respectar as medidas relativas á presenza de cans, que está totalmente prohibida desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas