Continúa a campaña Mantén a tensión baixo control, que consiste na realización de controis de tensión arterial e da glicosa en sangue por parte das alumnas do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais que se imparte no Fórum Carballo. As persoas que queiran participar só terán que achegarse mañá xoves 27 de marzo ata o complexo municipal situado na Praza dos Bombeiros Voluntarios, no barrio da Milagrosa, entre as 10.00 e as 13.30 horas. No caso de bo tempo, a campaña realizarase na praza, e no caso de choiva, no interior do Fórum.
Ás persoas participantes faráselles entrega dun caderno que inclúe información práctica sobre a hipertensión e a diabetes, así como espazo para que poidan anotar os resultados dos controis que vaian facendo ao longo de todo o ano.
A campaña continuará o domingo 30 de marzo, coincidindo co feirón, na Praza do Concello.