Home A Coruña O programa “Rompendo barreiras” regresa ás Escolas do Xardín con actividades de...

O programa “Rompendo barreiras” regresa ás Escolas do Xardín con actividades de inclusión lingüística e social

- Anuncio -

Aínda quedan prazas para as actividades destinadas a nenos e nenas de 6 a 12 anos con necesidades especiais

O programa Rompendo barreiras, impulsado desde as concellarías de Bibliotecas e Igualdade coa colaboración dos centros escolares, regresa ás Escolas do Xardín Agra de Caldas con actividades para nenos e nenas de 6 a 12 anos con necesidades de aprendizaxe da lingua galega para a súa integración social ou con necesidades educativas especiais.

Ti tamén podes é o lema da actividade de inclusión lingüística, coa que pretendemos rachar cos obstáculos de integración social e acceso á cultura dos nenos e nenas de 6 a 12 anos que non coñecen a nosa lingua. Baseándose nunha metodoloxía cooperativa, na que todos/as os/as nenos/as serán partícipes, a educadora social Uxía Verdía traballará vocabulario, gramática e outros aspectos lingüísticos partindo dunha lectura inicial. A aprendizaxe do galego para facilitar a integración social destes nenos e nenas é o gran obxectivo da proposta, que conta xa con 12 usuarios/as.
A rapazada participante no obradoiro Ti tamén podes reunirase en venres alternos de 16.00 a 17.00 horas. No caso de conseguir un número mínimo de nenos e nenas, inmediatamente despois arrincará a segunda proposta educativa, denominada O mundo por descubrir nos libros e dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos con necesidades educativas especiais.

Neste caso, Uxía Verdía utilizará unha dinámica moi flexible e personalizada para intentar promover o desenvolvemento cognitivo, lingüístico e emocional dos/as participantes mediante experiencias de lectura enriquecedoras e accesibles. As familias interesadas poden informarse ou inscribirse na Biblioteca Municipal Agra de Campos ou a través do enderezo electrónico bibliotecacarballo@carballo.gal.

Relacionadas

A biblioteca acolle este xoves un encontro literario, aberto á veciñanza, con Rober H.L....

0
A biblioteca municipal de Neda organiza este xoves, a partir das 18.30 horas, un encontro entre o escritor Rober H.L. Cagiao e os lectores...

O Concello concorre a convocatorias de subvencións da para a mellora de infraestructuras municipais

0
Proponse cofinanciar o proxecto co que se dotará ao núcleo da Botica coas redes de abastecemento e saneamento con cargo ao Fondo de Compensación...

A Laracha acollerá un obradoiro de benestar emocional en familia da  Rede Quérote+

0
Será o 13 de marzo de 17:30 a 19:00 h na Casa da Cultura. Requírese inscrición previa chamando ao 981612811 ou no Edificio Administrativo. Os...

O Goberno municipal proporá recoñecer a Rosa Otero co título de Filla Adoptiva da...

0
A Comisión de Honras aprobará tamén o nomeamento de Ramón Núñez Centella como Fillo Predilecto da Coruña  O Goberno municipal proporá na próxima Comisión de...

O Concello organiza o 16 de marzo a andaina saudable “Avanzando en igualdade” por...

0
Este xoves ábrese o prazo de inscrición nesta proposta gratuíta O Concello de Neda recupera en marzo o seu ciclo de Andainas saudables. E faino...

Máis de cen persoas desfrutan do Cocido e Baile de Entroido do Club de...

0
Un total de 125 de persoas desfrutaron do xa tradicional Cocido e Baile de Entroido, organizados polo Club de Xubilados de Lousame no local...

Publicacións Relacionadas