Home A Coruña Laxe mellora os datos da recollida selectiva de residuos e sitúase á...

Laxe mellora os datos da recollida selectiva de residuos e sitúase á vangarda autonómica

- Anuncio -

• O último informe de Ecoembes sinala que no municipio cada vez se recicla máis.

• A recollida de envases lixeiros no ano 2023 alcanzou un valor de 59.320 quilogramos, o que supón uns 19,93 quilos por habitante, chegando a un 40,7% mais en quilogramos que no 2016 no contedor amarelo.

• O Concello aumentou os contedores amarelos e os de papel/cartón a través dun convenio entre Ecoembes e a Xunta de Galicia.

Os esforzos que o goberno local de Laxe está a facer para mellorar a recollida selectiva de residuos están a dar os seus froitos, mellorando os datos neste sentido.

O Alcalde, Francisco Charlín, mantivo unha reunión cos técnicos de Ecoembes, entidade medioambiental sen ánimo de lucro centrada na mellora contínua na reciclaxe municipal así como para coñecer as novidades en ecodeseño dos envases en España, estes lle trasladaron un informe cos últimos datos do municipio.

En base ao documento, Laxe mellora en 4,8 puntos a media galega na aportación de envases lixeiros cun promedio de 19,9 kg por habitante ao ano fronte ao promedio de 15,1 autonómico. Tamén mellora en 6 puntos a aportación de residuos de papel e cartón, situándose en 19,6 kg fronte á media galega, de 13,6 kg.

O Alcalde explica que “ademais de ser boas novas para o medio ambiente tamén o son para a economía xa que, coa boa separación do lixo e un bo uso do colector de envases lixeiros, redúcese o peso e por tanto pódese reducir o coste da recollida do colector xenérico”.
É por iso, que agradece a colaboración e esforzo dos veciños, e anímaos a seguir facendo un uso correcto dos contedores.

Relacionadas

O Pleno aproba un suplemento de crédito de máis de 1,8 millóns de euros...

0
Na sesión ordinaria do Pleno municipal aprobouse cos votos a favor do BNG, Compostela Aberta e PSdG e a abstención do grupo popular, o...

O Concello instalará Puntos Violetas nas festas de Santaia

0
Con motivo da celebración das festas de Santaia de Liáns na praza Esther Pita, o Concello instalará Puntos Violetas as noites de mañá venres...

Marta Villar presenta o seu premiado “Detective Ferruchi” nas Torres

0
A novela que gañou este ano o Premio Xerais será presentada o próximo martes, día 3 de decembro ás 19:30h no Teatro das Torres,...

O Concello rexeita o proxecto de supresión do baipás de Infesta

0
· No pleno de onte emitiuse unha declaración institucional na que se sinala que “non podemos ser sempre vos mesmos vos que paguen vos...

A alcaldesa abre o XXIII Congreso da CEDE destacando o liderado como clave na...

0
Inés Rey: “O progreso só é avance cando está ao servizo das persoas” Á cita asistiron arredor de 1.600 persoas e contou con poñentes como...

Traballadores de xardinería manifestándose e Culleredo como unha selva: a inacción do alcalde agrava...

0
∙ “Se se cumpriu co acordo plenario que logramos en outubro do 2023, non se chegou a esta situación de abandono total das nosas...

Publicacións Relacionadas