Home A Coruña Unha ducia de bandas participará no concerto benéfico ‘Isla Bonita’ que organiza...

Unha ducia de bandas participará no concerto benéfico ‘Isla Bonita’ que organiza o Concello de Malpica e a Asociación Salitre

- Anuncio -

• O festival solidario celebrarase o vindeiro 23 de outubro a partir das 16:00 horas no aparcadoiro de Canido.

• A axuda recadada destinarase a asociacións animalistas da illa da Palma, que segue a estar afectada pola erupción do volcán de Cumbre Vieja.

• O aforo estará limitado e será necesario confirmar a asistencia de xeito previo enviando un correo electrónico a salitremalpica@gmail.com indicando datos persoais e teléfono de contacto.

Unha ducia de bandas de Malpica e doutras zonas da provincia da Coruña xa confirmaron a súa participación no concerto benéfico ‘Isla Bonita’ que organiza o Concello de Malpica en colaboración coa Asociación Cultural e Deportiva Salitre. O evento terá lugar o vindeiro 23 de outubro a partir das 16:00 horas no aparcadoiro de Canido.

A celebración deste festival solidario ten como obxectivo recadar fondos para colaborar cos afectados pola erupción volcánica da illa de La Palma. Entre os grupos e artistas convidados atópanse o Mago Carlangas, Meigallo da ACD Carcaxía, Gaiteiros da AC Malante, Salitre no Pupitre, Xurxo Souto, O Pau Ke Vira, Juampiños, Improvisóns, Cantareiras da AC Raigañas, Las Antonias, Amenaza de Muerte e DJ SIL.

O aforo estará limitado e será necesario confirmar a asistencia de xeito previo enviando un correo electrónico a salitremalpica@gmail.com indicando nome e apelidos de cada solicitante ademais dun teléfono de contacto.

A concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, lembrou que, con esta actividade, “Malpica pretende aportar un pequeno grao de area co que facilitar a recuperación económica nunha situación dramática para centenares de familias”. “A entrada en actividade do volcán Cumbre Vieja provocou a destrución de vivendas, edificios e plantacións, forzando o desprazamento das persoas residentes e tamén de moitos animais salvaxes e domésticos”, lembrou.

Neste sentido, a concelleira lembrou que “o proxecto pretende contribuír á mellora da atención aos animais desprazados polos efectos derivados da actividade volcánica e a evacuación da poboación”.

Relacionadas

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Inés Rey presenta o catálogo da mostra antolóxica do pintor Cheché Martín, que se...

0
“É case imposible abranguer a cantidade de dimensións nas que se moveu, talvez só poidamos facelo definíndoo como un home de mundo, un mundo...

Publicacións Relacionadas