HomeA CoruñaBergondo logra avances da Xunta tras anos de reivindicacións

Bergondo logra avances da Xunta tras anos de reivindicacións

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Galicia avanza nos seus compromisos coa mellora dos viarios autonómicos ao seu paso polo municipio de Bergondo, tras anos de demandas e xestións realizadas dende o Concello.

Onte deu comezo a actuación de asfaltado na AC214 (estrada de Cambre) e hoxe anunciouse a licitación para as obras de reforzo do firme nas estradas AC161 (estrada de Betanzos) e AC162 (estrada de Sada).

Dende Alternativa destacan que estas actuacións cresponden a unha reivindicación do Concello, que leva tempo insistindo na necesidade de actuar en tramos cun notable deterioro e que non garanten as condicións aceitadas de seguridade viaria.

O grupo valora positivamente que estas demandas comecen a materializarse, ao tempo que subliña a importancia de continuar coa mellora da rede viaria do municipio.

Publicacións Relacionadas