Home A Coruña Betanzos e Vilalba incorporanse ao Eixo Atlántico na XXXIII Asemblea Xeral

Betanzos e Vilalba incorporanse ao Eixo Atlántico na XXXIII Asemblea Xeral

- Anuncio -

A XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada esta mañá en Viana do Castelo, aprobou a adhesión de dous novos municipios á entidade: Betanzos e Vilalba. Na reunión tamén se aprobou o orzamento de 5.090.000 € para 2025, así como as contas e o informe de xestión correspondentes ao exercicio 

A Asemblea Xeral aprobou o programa cuxa acción política do Eixo Atlántico se vertebra en 3 eixes: económico, desenvolvemento social e sustentabilidade urbana. No eido económico, continuarase impulsando o turismo sostible a través de dous novos conceptos en colaboración con universidades galegas e portuguesas: turismo de autor e turismo policéntrico, ademais dunha nova liña de traballo centrada no enoturismo e no termalismo. O evento turístico con máis participación é Expocidades, feira que se celebrará en Sarria durante o mes de maio. 

Na área social, aprobouse o desenvolvemento de proxectos de innovación transformadora cohesiva, así como o reto demográfico no eixe interior Lugo-Ourense-Nordeste Transmontano. No eido deportivo, con especial atención ao deporte adaptado, organizarase o Torneo de Boccia DI e o baloncesto en silla de rodas en 2025. Pola súa banda, o Eixo Atlántico continuará promovendo os intercambios escolares, a XV Bienal de Pintura e a VIII Capital da Cultura do Eixo Atlántico, inaugurada onte en Viana do Castelo. 

En canto á sustentabilidade urbana, avanzarase na última fase do Plan de Descarbonización e iniciarase unha nova estratexia transversal baixo o concepto “cambio de hábitos” en sintonía coa Comisión Europea. Esta proposta aborda temas clave como a redución de residuos, a mellora da calidade do aire, a loita contra o desperdicio de alimentos, a mobilidade sostible e a eficiencia enerxética. Tamén se impulsará nas cidades do Eixo Atlántico a Nova Bauhaus Europea, unha iniciativa que se centra na creación de entornos urbanos máis inclusivos, sociais, verdes e accesibles, alineándose cos obxectivos de sustentabilidade a medio prazo da Unión Europea. 

Finalmente, aprobouse unha estratexia de internacionalización que inclúe a cooperación xa existente con Cuba, Arxentina, Brasil e Uruguay, e a futura con Cabo Verde e México. 

Na parte do debate político da Asemblea Xeral presentouse o informe “As cidades ante os novos desafíos: apuntes para unha reflexión”, dirixido polo catedrático Fernando González Laxe. Este estudo, elaborado en colaboración

con Arlindo Cunha, profesor de Economía na Universidade Católica de Porto, ofrece un análise exhaustivo da conxuntura económica, demográfica e do comportamento poboacional das cidades de Galicia e do Norte de Portugal en 2023. Fernando González Laxe e Arlindo Cunha presentaron o informe ante os membros do Eixo Atlántico. 

O informe realiza un diagnóstico detallado da situación social e económica das cidades da Eurorrexión e serve como base para a promoción e o análisis das áreas do Eixo Atlántico. O estudo aborda cuestións clave como a economía dos fogares, as condicións de vida, as características das empresas, o mercado de traballo e o turismo, dentro dun contexto global onde máis da metade da poboación mundial reside en cidades, e cuxa proxección apunta a que o 70% da poboación será urbana en 2050. 

Os informes, análises e estudos nos eixes económico, social e de sustentabilidade seguirán desenvolvéndose, xa que son ferramentas esenciais para a toma de decisións políticas. Isto é especialmente relevante en Galicia, que sofre a falta dun ordenamento territorial adecuado por parte da Comunidade Autónoma desde fai máis dunha década. 

Finalmente, o Eixo Atlántico asume a monitorización das infraestruturas da Eurorrexión, unha vez que as propostas realizadas polo Eixo Atlántico nestes anos (incluídas no Informe de Infraestruturas do ano 2000 e na segunda publicación, do ano 2007) foron oficialmente asumidas por ambos os Gobernos, aínda que con unha execución asimétrica entre a parte de Portugal e de España. 

Inauguración VIII Capital da Cultura do Eixo Atlántico – Viana do Castelo 

A cerimonia inaugural tivo lugar na noite anterior e estivo presidida polo alcalde de Viana do Castelo, Luís Nobre, quen tamén ocupa a presidencia do Eixo Atlántico, acompañado polo secretario xeral da entidade, Xoán Vázquez Mao, xunto con Paula Alvarellos, alcaldesa de Lugo, anterior Capital da Cultura do Eixo Atlántico. 

O evento celebrouse no Centro Cultural de Viana do Castelo, obra do arquitecto Eduardo Souto de Moura, Premio Pritzker 2011. O recinto encheuse de asistentes, non só de Viana, senón tamén das cidades do Eixo Atlántico e de numerosos colectivos culturais da Eurorrexión. 

Mar Adentro é un espectáculo que, baixo a dirección de Daniel Pereira Cristo, contou coa participación especial do recoñecido artista galego Xabier Díaz e a colaboración de axentes culturais de Viana do Castelo. Este evento marcou o inicio da celebración da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, un título que a cidade ostentará durante o presente ano. O espectáculo exemplifica á perfección a riqueza cultural galaico-lusa, destacando a conexión profunda

entre Galicia e Portugal. A través dunha proposta artística vibrante, rendiuse homenaxe aos lazos culturais que unen ambas as rexións. 

Neste enlace pode consultar a programación anual. 

Exposición “Historia do Eixo Atlántico” 

Así mesmo, no marco da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, onte, luns, inaugurouse a exposición “Historia do Eixo Atlántico”. A mostra, formada por 21 paneis, percorre os 33 anos da entidade. A exposición continuará no Passeio das Mordomas da Romaria, Viana do Castelo, ata o 17 de marzo. 

Concello de Ribeira presente na Asemblea Xeral 

O Concello de Ribeira, estivo representado polo seu alcalde, Luís Pérez Barral, e polo segundo tenente, Francisco Suárez, estivo presente na XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada esta mañá en Viana do Castelo. 

Segundo informou Pérez Barral, a participación do concello de Ribeira en foros como permite a realización de actividades conxuntas entre municipios galegos e portugueses. Neste sentido, Pérez Barral informa que Ribeira participou de diversas accións como un intercambio escolar entre rapazada ribeirense e portuguesa, unha xornada sobre sustentabilidade urbana, unha xornada sobre educación e cultura e unha exposición da bienal de pintura. Ademais está previsto que Ribeira participe na feira Expocidades para dar a coñecer a súa oferta turística, cultural e natural. 

Ademais, en breve, Ribeira presentará as conclusións da acción desenvolvida nos últimos meses como é o Laboratorio de Innovación Transformadora Cohesiva, un proxecto que persegue mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ribeira. “O obxectivo principal é optimizar áreas clave como a política social, a cultura, o cambio climático e a xeración de riqueza no municipio” concluíu Barral.

Relacionadas

Case mil nenos e nenas na proba de campo a través escolar

0
A partir das 10.30 h - Polígono de Bértoa O Concello de Carballo organiza unha proba deportiva escolar de campo a través con participación de...

Gonzalo Castro reivindica a figura integradora de Castelao no seu 75 cabodano

0
O concelleiro de Cultura e Turismo participou nos actos organizados na Coruña para honrar a súa figura O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro,...

Inés Rey sitúa a Intermodal como exemplo da transformación urbana da Coruña

0
A alcaldesa abriu o Foro Urbano celebrado no Centro Cívico de Os Mallos, onde veciños e veciñas puideron coñecer e achegar novos proxectos para...

O alcalde logra que o Goberno central se comprometa a actuar na pasarela do...

0
O alcalde, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Antonio Molinos, reuníronse esta tarde en Madrid co Secretario de Estado...

Once centros de estudos superiores participarán o 25 de febreiro na I Feira das...

0
Ademais dos centros de secundaria, que xa teñen visitas concertadas, a iniciativa está aberta ás familias Once centros de estudos superiores participarán na I Feira...

O PP de Culleredo organiza unha charla para informar sobre as axudas da Xunta...

0
∙ O evento terá lugar o 20 de febreiro no edificio de Servizos Múltiples do Burgo. ∙ Os asistentes poderán resolver todas as dúbidas que...

Publicacións Relacionadas