HomeA CoruñaDúas persoas resultan feridas logo dun atropelo a un xabaril na A6,...

Dúas persoas resultan feridas logo dun atropelo a un xabaril na A6, á altura do concello de Aranga

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos participaron ao redor das 20:20 horas de onte nun operativo provocado por un accidente de tráfico logo de que un turismo atropelase a un xabaril na A6, á altura do punto quilométrico542, en dirección a Lugo, no termo municipal de Aranga.

O operativo consistiu na desconexión das baterías do turismo e na sinalización e limpeza da vía. Os ocupantes do automóbil foron trasladados ao PAC de Teixeiro.

Publicacións Relacionadas