HomeA CoruñaO Concello conclúe o proxecto de mellora paisaxística e acondicionamento dos accesos...

O Concello conclúe o proxecto de mellora paisaxística e acondicionamento dos accesos á praia de Perbes

- Anuncio -spot_img

A actuación incluíu a eliminación de especies invasoras e a mellora dos accesos norte e sur, conseguindo unha integración máis harmónica coa paisaxe

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, e o concelleiro José Manuel Pantín, participaron no acto de recepción das obras

O Concello de Miño concluíu, recentemente, o proxecto de mellora paisaxística e de acondicionamento dos accesos á praia de Perbes, un dos areais con maior afluencia de xente do municipio e que conta co distintivo de bandeira azul. A intervención supuxo un investimento de 84.149 euros, dos cales 60.000 foron financiados a través dunha subvención da Xunta.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, e o concelleiro José Manuel Pantín, participaron no acto de recepción das obras, que incluíron a eliminación de especies invasoras e a mellora dos accesos norte e sur para conseguir unha integración máis harmónica coa paisaxe e incrementar a seguridade e comodidade das persoas usuarias.
Concretamente, no acceso norte eliminouse unha franxa de asfalto que foi substituída por unha plataforma de madeira coa que se conseguiu resolver a diferenza de cota entre o vial e a area. Ademais, creáronse espazos de estancia integrados no novo deseño, o que permite ás persoas gozar do espazo natural e das vistas de forma cómoda. Tamén se substituíron as duchas por lavapiés para fomentar un uso máis eficiente da auga.
No que respecta ao acceso sur, actuouse sobre o pavimento, xa que presentaba un estado deteriorado polo paso de maquinaria pesada. Tamén se instalou un banco de madeira xunto ao noiro.
O rexedor destacou que esta actuación supón un paso máis “na posta en valor da praia de Perbes. A renovación dos accesos fai que sexa moito máis accesible e tamén atractiva, xa que se desde a plataforma pódese gozar dunha panorámica incrible”.

Publicacións Relacionadas