● César Rodríguez Ventureira e María López Serantes fixéronse coa primeira praza da categoría #Máster e Jorge González López e Helena Penas no Sénior.
● Gonzalo Losada foi o primeiro miñense na clasificación.
● Este ano o evento volveu a apoiar á asociación ‘querENDo, mulleres con con endometriose’ para visibilizar esta enfermidade que padecen máis de 60.000 mulleres galegas.
O IV Trail Concello de Miño ‘Boucelo San Ramón’ foi todo un éxito. Un total de 278 persoas, sumando as persoas rexistradas nas tres modalidades, participaron nesta proba, organizada polo Concello de Miño e o Club Trail Running Galea Sport, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.
A proba organizouse en: trail de longa distancia (23,2 quilómetros), curta distancia (13,3 quilómetros) e andaina (10,5 quilómetros).
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Pantín, entregaron os trofeos no pavillón municipal. Os tres primeiros clasificados en categoría masculina foron César Rodríguez Ventureira, Gonzalo Losada Ortiz e Jorge González López e na feminina Helena Peñas, Verónica Bugliot e María López Serantes.
En categoría #máster másculina os tres primeiros clasificados foron César Rodríguez Ventureira, Gonzalo Losada e Emilio Martínez Anta e na feminina María López Serantes, Laura Felipez e Patricia Vermellas. En categoría senior masculina o podio foi para Jorge González López, Edgar Mourelle e J. Miguel Alonso e en feminina para Helena Peñas, Verónica Bugliot e Quenia Estrada.
Ademais, houbo un trofeo para o primeiro deportista censado en Miño, premio que neste caso recaeu en Gonzalo Losada Ortiz.
Apartado solidario
Este ano a asociación ‘querENDO, mulleres con endometriose’ volveu a formar parte da carreira co obxectivo de visibilizar esta enfermidade que padecen máis de 60.000 mulleres galegas. Realizáronse actividades dentro da campaña ‘Trail Miño 2024 pola endometriose’. Na meta instalouse un punto de información.
A recadación do dorsal 0 irá destinada integramente á organización querENDO.