Home A Coruña Paderne segue apostando polos servizos gratuítos para a súa veciñanza coas Aulas...

Paderne segue apostando polos servizos gratuítos para a súa veciñanza coas Aulas de Conciliación e Campamentos de Nadal

- Anuncio -

 Esta iniciativa de conciliación para as vacacións de inverno do luns 23 de decembro ao venres 3 de xaneiro

 O prazo de inscrición remata o 2 de decembro e pode cursarse a solicitude na sede electrónica do Concello, preferiblemente

O Concello de Paderne segue investindo nos servizos públicos e gratuítos para a súa veciñanza. Faino organizando unha nova edición das Aulas de Conciliación e Campamentos de Nadal, unhas iniciativas que permitirán ás familias gozar dunha boa conciliación laboral tamén neste período de vacacións de inverno.

As Aulas de Conciliación e os Campamentos de Nadal son as dúas modalidades ofrecidas. Ambas as dúas contan cun horario de 8:00 a 15:00 horas, desde o luns 23 de decembro ata o venres 3 de xaneiro, a excepción dos días 24, 25, 31 e 1.

A elección dunha ou outra modalidade depende da idade do mozo, moza, neno ou nena. Deste xeito, os rapaces e rapazas de 4 a 8 anos gozarán das Aulas de Conciliación. Mentres os menores de 9 a 14 anos de idade entran dentro dos Campamentos. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% tamén poderán ser inscritas.
Ambas as dúas comparten como eixo vertebrador un programa de actividades que fomentan a igualdade entre compañeiros e compañeiras. As diferenzas entre unha e outra modalidade radican no tipo de actividades, axeitadas para cada grupo de idade.

Aulas e Campamento desenvolveranse nas instalacións da Casa Consistorial, aínda que durante o seu transcurso haberá unha saída sorpresa. Aínda que existe a opción de inscrición física na propia Casa Consistorial, os interesados no servizo poden inscribirse de xeito preferible na sede electrónica do Concello ata o luns 2 de decembro, presentando a documentación indicada.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas