Home A Coruña Blogtrip para mostrar e divulgar o potencial astroturístico da Costa da Morte

Blogtrip para mostrar e divulgar o potencial astroturístico da Costa da Morte

- Anuncio -

Seis blogueiros e blogueiras profesionais de viaxes con máis de medio millón de visitas ao mes iniciaron hoxe, da man da CMAT, unha ruta de catro días para dar a coñecer un territorio que xa é referente no turismo das estrelas

Rubén López, Angi Baldrich, Sergio Casal, Nuria P. Espasandín, Dani Keral e Eva Abal percorrerán a Costa da Morte para mostrar nas súas redes sociais a cultura, patrimonio, natureza e o ceo nocturno do xeodestino

Manuel Muíño, presidente da CMAT e alcalde de Zas: “Temos un territorio privilexiado para a observación do ceo e queremos dalo a coñecer”

O Blogtrip Costa da Morte Starlight comezou hoxe, mércores, 9 de agosto, cun encontro de familiarización e presentación dos/as participantes, seguido dunha ruta en caiac ata a fervenza do Ézaro. A CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), presidida por Manuel Muíño (alcalde de Zas), organizou esta iniciativa, que pretende mostrar e divulgar o destino, en xeral, e o potencial do astroturismo na Costa da Morte, en particular. A organización do itinerario xurdiu dunha estreita colaboración público-privada e do traballo conxunto co equipo de Monitores/as Starlight, no que o astroturismo serve de fío condutor para dar a coñecer a riqueza do patrimonio natural e cultural da Costa da Morte. O territorio conta, desde xaneiro de 2023, co distintivo de calidade Destino Turístico Starlight, emitido pola Fundación Starlight.

Os blogueiros e blogueiras que, do 9 ao 12 de agosto, mostrarán a Costa da Morte nos seus canais, son Rubén López (Caminante del planeta), Angi Baldrich (@galicia.angibaldrich), Nuria e Sergio (Toxío); Dani Keral (Un viaje creativo) e Eva Abal (Una idea, un viaje). Xuntos, suman más de 50.000 seguidores na rede social de Instagram e os seus blogs reciben máis de medio millón de visitas cada mes.

Promoción do territorio, establecemento de sinerxías e conciencia ambiental

Segundo o presidente da CMAT, Manuel Muíño, o Blogtrip Costa da Morte Starlight pretende “difundir, promocionar e impulsar o noso xeodestino como territorio de referencia no astroturismo”. A CMAT representa ao sector turístico vinculado á iniciativa privada e tamén aos 17 concellos que integran o destino Costa da Morte: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas. “Temos un territorio privilexiado para a observación do ceo e queremos apostar pola excelencia no eido do astroturismo”, destaca tamén Muíño, quen confía en que os blogueiros e blogueiras “dean a coñecer os nosos ceos e tamén o noso patrimonio, a nosa natureza e a nosa cultura”.

Salienta, ademais, que “a meirande parte dos servizos e das actividades programadas neste Blogtrip realízana empresas socias da CMAT, de APTCM (Asociación de Profesionais Turísticos da Costa da Morte), adheridas ao SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) e/ou Monitores/as Starlight”. Isto é froito da orientación da CMAT cara a mellora da competitividade do sector, traballando na creación de sinerxías co obxectivo de visibilizar as entidades implicadas no incremento da calidade das experiencias turísticas, a preservación dos ceos nocturnos e o fomento da sostibilidade no destino Costa da Morte.

O Blogtrip Costa da Morte Starlight ten previsto visitar hoxe pola tarde o Faro Touriñán e a praia da Moreira, rematando o día cun roteiro de case tres horas polos petróglifos de As Laxiñas.

O percorrido continuará mañá xoves, 10 de agosto, cunha visita guiada ás 10.30 horas por unha parte do Camiño dos Faros para, posteriormente, colaborar nunha recollida de lixo na praia de Mar de Fóra. Xa pola tarde, coñecerán a vila de Corcubión, desde onde sairán cara as Illas Lobeiras. Rematará o día co solpor na ría de Lires e, tras a cea, os participantes iniciaranse na astrofotografía nocturna mediante un obradoiro na praia de Nemiña.

Paddle surf, Ruta das Estrelas e Carballeira de Zas

O venres 11 de agosto, comezará cunha camiñada polo esteiro do río Anllóns, desde Ponteceso ata Balarés, e continuará cunha práctica de paddle surf. Pola tarde, está prevista a visita ás praias de Laxe e a ruta da Insua, rematando o día coa participación na Ruta das Estrelas, desde Dombate ata o Castro de Borneiro, guiada por Jorge Mira, catedrático da USC e embaixador de excepción da Costa da Morte.

O final do Blogtrip Costa da Morte chegará o sábado, 12 de agosto, cun paseo polo Street Art de Carballo, no que coñecerán algúns dos murais de graffiti máis emblemáticos da vila; para pechar o día e a viaxe na 33 edición da Festa da Carballeira de Zas, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Esta actividade foi cofinanciada pola Xunta de Galicia a través dun convenio, que se vén de asinar, entre a CMAT e Turismo de Galicia.

Relacionadas

Homenaxe en San Sadurniño á subcampioa de europa de surf SUB-10, Candela Pérez Dopico

0
Hoxe, xusto antes do empezo do partido de volei da SM2, rendéuselle á surfista Candela Pérez Dopico a homenaxe que tiñamos pendente desde decembro,...

Rescatada na súa vivenda unha persoa de avanzada idade na Pobra do Caramiñal

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira participaron esta tarde na asistencia e rescate dunha persoa de avanzada idade no seu fogar na Pobra...

A Xunta reforza a colaboración co concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración...

0
— Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector...

Dúas persoas feridas tras un accidente de tráfico na Avenida de Ferrol, no concello...

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron na madrugada deste sábado a un accidente de tráfico entre un coche e unha moto na...

O Concello organiza visitas guiadas á exposición ‘O  legado de José Ramón’, en María...

0
Estarán dirixidas pola comisaria e filla do artista, Ana Iglesias, e incluirán  unha visita ao Salón de Sesións  O Concello organiza durante estes meses de...

En marcha os traballos de mellora previstos na estrada dos Fortes, onde se reforzarán...

0
Sobreelevaranse os pasos peonís ao longo da vía, crearase unha pequena zona de lecer nas inmediacións do pavillón de Cocheiras e tamén se aumentarán...

Publicacións Relacionadas