Home A Coruña BNG acada un acordo no Parlamento para esixir a Monbus cumprir as...

BNG acada un acordo no Parlamento para esixir a Monbus cumprir as condicións do contrato coa Xunta no transporte público na comarca do Barbanza

- Anuncio -

Rosana Pérez instou á Xunta a interpoñer as sancións oportunas á empresa polo incumprimento do contrato e demandou mellorar a información ao público sobre os horarios en todas as marquesiñas e paradas nas distintas localidades


O BNg propuxo no Parlamento galego avaliar os múltiples e importantes problemas que se están a rexistrar no transporte público da comarca do Barbanza e adoptar todas as medidas oportunas que garantan o cumprimento das condicións do contrato de Monbus coa Xunta.

A proposición non de lei, defendida pola deputada, Rosana Pérez, foi aprobada por unanimidade e incluía entre os seus puntos, interpoñer as sancións oportunas polo incumprimento das irregularidades detectadas no servizo de transporte e reclamar a Monbus que mellore a información ao público cos horarios en todas as marquesiñas en paradas nas distintas localidades.

O acordo insta á Xunta a trasladar todos os problemas detectados á empresa Monbus e obrigala a cumprir cos “horarios e condicións do contrato, garantir a atención ao público de maneira presencial e resolver todos os problemas que se lle trasladen, así como os rexistrados nos concellos da Mancomunidade Arousa Norte”.

Na súa intervención, a nacionalista tamén se referiu ás dificultades das persoas usuarias do transporte público á hora de utilizar o servizo na súa conexión co Santiago e puxo como exemplo as liñas entre Ribeira-Santiago con unha única parada final na estación intermodal de Compostela mentres que a conexión de Noia-Santiago conta con dúas paradas, Fontiñas e San Caetano. A deputada explicou que a parada na intermodal ocasiona problemas ás usuarias polo que hai algunhas que se trasladan dende Boiro a Noia para optar as dúas paradas en Santiago.

Rosana Pérez afirmou que non estamos ante un caso puntual e denunciou que os sábados non existe liña de transporte público entre Ribeira e Santiago. Por outro lado, os traballadores e traballadoras e estudantes da comarca son os máis prexudicados polas deficiencias no transporte.

A xuízo da deputada, o acordo unánime acadado na Comisión de Ordenación Territorial e Servizos é “un primeiro paso” para tentar resolver as eivas do transporte público na comarca do Barbanza que beneficiará o traslado das persoas trababalladoras e estudantes e contribuirá a mellorar a conciliación.

Rosana Pérez tamén pediu seguir un criterio que non discrimine a bonificación do transporte público en función da comarca ou provincia.

Finalmente, a deputada do BNG apelou a dotar das mellores condicións o transporte público para acadar unha real vertebración territorial e como alternativa ao uso do automóbil privado.

Relacionadas

O Concello impulsará obras para mellorar as redes de saneamento en Abegondo, Cabanas, Limiñón...

0
• O pleno ratificou, esta mañá, unha das próximas actuacións, que levará a cabo en Ou Asadiño. O Concello continuará mellorando as infraestruturas e servizos...

O Concello convoca este xoves a Comisión mixta de Peleteiro para dar conta do...

0
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, anunciaron esta mañá a convocatoria da Comisión Mixta Peleteiro para este...

As obras de mellora da estrada entre O Igrexario de Golmar e San Pantaión...

0
O proxecto estará valorado en 106.000 euros. O alcalde José Manuel López Varela, xunto ao concelleiro de Obras Públicas, Pablo Cambón, o director de obra...

O Concello de Oleiros oferta postos libres no mercado de Perillo a baixo prezo

0
O Concello de Oleiros dispón de varios postos libres no mercado municipal de Perillo para todas aquelas persoas autónomas ou empresas que queiran dispoñer...

O Concello de Oleiros solicita con urxencia á Xunta de Galicia a cesión do...

0
Debido ao deterioro paulatino e constante do Porto de Santa Cruz causado polos múltiples temporais e á inacción da Xunta e do Ministerio a...

A comisión de festas de Santa Isabel tamén organiza un xantar popular

0
A parroquia de San Sadurniño honrará a súa patroa a primeiros de xullo tras catro anos sen festas Ademais desta comida, no municipio hai programadas...

Publicacións Relacionadas