HomeA CoruñaBombeiros do parque provincial de Boiro visitaron o colexio Castelao de Rianxo...

Bombeiros do parque provincial de Boiro visitaron o colexio Castelao de Rianxo para formar a un cento de estudantes

- Anuncio -spot_img

Rapaces e rapazas de Infantil e primeiro de Primaria aprenderon como se realiza unha evacuación e coñeceron os vehículos e ferramentas que usan os profesionais

Implementar este tipo de formacións nas escolas sensibiliza ao público máis mozo a non ter medo de alertar ás autoridades e a chamar ao 112 ante unha emerxencia

Os bombeiros de Boiro, do Consorcio Provincial Contra Incendios da Coruña, visitaron esta mañá o colexio Castelao de Rianxo para involucrar a preto de cen nenos e nenas de Infantil e primeiro de Primaria nunha charla preventiva.

A cita desenvolveuse na biblioteca do centro escolar e estivo enfocada na realización dunha evacuación coa posterior mostra dos vehículos usados durante este tipo de incidentes.

Os pequenos e pequenas mostráronse moi interesados en todo o proceso, que ademais estivo adaptado a unha linguaxe más acorde á súa idade, e mesmo puideron facer algunhas fotos cos vehículos destinados ás intervencións de rescate.

O obxectivo desta visita foi explicar e mostrarlle ao público máis mozo o que é unha evacuación tipo e que medidas poden adoptar ante unha emerxencia, como chamar ao 112.

Implementar este tipo de formacións nas escolas é unha acción necesaria para sensibilizar aos máis pequenos a non ter medo de alertar ás autoridades ou profesionais, para que saiban actuar con rapidez ante un incidente e tamén para que se mostren máis seguros ante unha situación que a veces pode ser complicada.

Publicacións Relacionadas