Home A Coruña Boqueixón abre mañá venres o prazo de inscrición nas actividades deportivas para...

Boqueixón abre mañá venres o prazo de inscrición nas actividades deportivas para adultos e nas escolas deportivas infantís

- Anuncio -

O prazo de anotación estará aberto ata o 30 de novembro

O Concello de Boqueixón abrirá mañá venres 23 de setembro o prazo de inscrición nas súas Escolas Deportivas Municipais, cuxa actividade comezará o vindeiro mes de outubro. As persoas interesadas en participar deberán descargar e encher a ficha dispoñible na web municipal (www.boqueixon.gal), que presentarán no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica antes do 29 de setembro.

A oferta do Concello de Boqueixón inclúe as escolas deportivas infantís de patinaxe e ximnasia rítmica así como varias actividades para adultos como zumba (no Forte, Lestedo e Camporrapado), pilates (no Forte, Ledesma e Lestedo), bailoterapia (no Forte) e ximnasia de maiores (no Forte). As actividades terán lugar de luns a venres, agás festivos, entre outubro de 2022 e xuño de 2023.

Requírese un mínimo de 10 participantes para conformar grupo, con preferencia para as persoas empadroadas en Boqueixón. Nas actividades de adultos tamén poderán participar mozos e mozas de entre 16 e 18 anos, previa autorización familiar. O pago realizarase de forma trimestral mediante domiciliación bancaria.

As persoas que desexen ampliar información deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón (981 513 061) ou no enderezo electrónico deportes@boqueixon.com.

Relacionadas

A United States Lighthouse Society visita a Torre de Hércules

0
Un grupo de 22 estadounidenses puido coñecer hoxe o faro romano máis antigo do mundo A organización sen ánimo de lucro, referente en EE.UU., fai...

O alcalde recibe ao comité de empres de Celsa Atlántic para mostrarlles o apoio...

0
A planta siderúrxica xera douscentos postos de traballo entre directos e indirectos. O alcalde, José Manuel López Varela, recibiu hoxe na Casa Consistorial ao comité...

O Porto de Lorbé continúa sen alcantarillado pola desatención de Portos de Galicia

0
A Xunta, tras repetidas demandas do Concello durante máis de 10 anos, está a construír o tramo de 200 metros de conexión da vía...

A Xunta de Goberno dá luz verde a actuacións no rural por máis de...

0
A Xunta de Goberno local deu o visto bo á participación do Concello na segunda fase do POS da Deputación da Coruña, que suporá...

Inés Rey: “Levamos cen días de avances para sentar as bases da segunda gran...

0
A rexedora fixo balance dos primeiros cen días de Goberno municipal no que é o seu segundo mandato como alcaldesa da Coruña Desde a toma...

Recibido na casa do concello o presidente da Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento...

0
Jounous Omarjee, acompañado pola eurodeputada Ana Miranda, participou nunha xuntanza de traballo á que asistiron representantes do BNG e o PSOE O presidente da Comisión...

Publicacións Relacionadas