Home A Coruña Boqueixón acollerá unha charla informativa sobre a nova tarifa eléctrica o xoves...

Boqueixón acollerá unha charla informativa sobre a nova tarifa eléctrica o xoves 21 de outubro

- Anuncio -

A Casa da Cultura de Camporrapado (Boqueixón) acollerá o vindeiro xoves 21 de outubro, ás 18:30 horas, unha charla informativa sobre a nova tarifa eléctrica. Unha conferencia de interese xeral para toda a veciñanza que será de acceso gratuíto, se ben é preciso anotarse dende hoxe no teléfono 981 513 115 ou a través do correo cultura@boqueixon.com.

A charla será impartida por persoal técnico do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) dentro da súa campaña informativa, de apoio e asesoramento á cidadanía galega sobre a nova tarifa eléctrica implantada polo Goberno. Durante a charla, os veciños e veciñas de Boqueixón recibirán consellos e orientacións para aforrar na factura da luz, tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa: val, chairo e punta.

Así, a veciñanza de Boqueixón aprenderá as diferenzas entre mercado regulado e libre (e como identificar en cal están incluídos), como ler a nova factura e coñecer que son novos conceptos como a peaxe, os cargos ou a marxe de comercialización fixa. Tras explicar os distintos horarios das tarifas, os técnicos do IGCC darán consellos de como afrontar a nova tarifa e de como aforrar o máximo posible.

Esta iniciativa está organizada polo Concello de Boqueixón, en colaboración co Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC).

Relacionadas

Cambio localización espectáculo “Varietés Animalario”

0
Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este domingo, 24 de outubro ás 18.00 horas, o espectáculo de monicreques “Varietés Animalario” de Paporrubio -en lembranza...

O alumnado de Infantil e Primaria do CPI Cernadas de Castro participa nos obradoiros...

0
O alumnado da ESO participará nos talleres programados para a próxima semana polo Concello e a Secretaría Xeral da Igualdade O alumnado de Infantil e...

O Concello solicita á Deputación unha subvención para a renovación da rede de abastecemento...

0
• O pleno municipal aprobou esta petición para financiar a obra, valorada en 200.377,84 euros. • Tamén se aprobaron en sesión plenaria os festivos locais...

O Concello pon unha vivenda ao servizo das familias con menores en tratamento oncolóxico

0
Inés Rey entregoulle hoxe as chaves á Asociación ASANOG como parte do compromiso do Goberno local co labor que prestan as entidades sociais A alcaldesa...

A Reserva celebra unha xornada sobre as boas prácticas agrarias no cultivo do trigo

0
• Cunha duración de cinco horas, celebrouse na Aula de Ou Naranxo, en Abegondo, á que acudiu o presidente da entidade, José Antonio Santiso. A...

A Coruña acolle esta fin de semana a primeira Regata Isabel Zendal, unha competición...

0
O Náutico coruñés estreará catro xogos de velas para os seus barcos J-80 que foron financiadas polo Concello A Coruña acollerá esta fin de semana...

Publicacións Relacionadas