Home A Coruña Boqueixón convoca o VIII Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”, que servirá...

Boqueixón convoca o VIII Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”, que servirá de base ao calendario de 2023

- Anuncio -

A novidade deste ano está relacionada con condicionantes técnicos: formato horizontal e resolución mínima

O concello de Boqueixón convoca a oitava edición do Concurso de Fotografía “Paisaxes de Boqueixón”, que ten como obxectivo fomentar a creatividade e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do municipio.

O certame está aberto ao público en xeral (no caso de menores de 18 anos, a solicitude deberá incluír unha autorización do pai/nai ou titor/a) e cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías. As imaxes deberán ser tomadas no municipio de Boqueixón e a súa temática versará sobre aspectos que recollan a riqueza natural, histórica, cultural e etnográfica do concello.

A novidade deste ano está relacionada con condicionantes técnicos: as fotografías deberán presentarse en formato horizontal, cun tamaño mínimo de 2000 x 1500 px (cunha resolución de 150 pp). Ademais, non se admitirán montaxes nin manipulacións das fotografías (salvo que sexan exclusivamente tratamentos de cor ou axustes relativos á calidade ou procesado da imaxe). Como en anos anteriores, non se admitirán fotografías nas que aparezan persoas e as imaxes propostas deberán ser orixinais e inéditas. O prazo de envío das propostas rematará o próximo 24 de novembro.

Premios

O xurado do VIII Concurso de Fotografía Paisaxes de Boqueixón valorará de forma anónima as fotografías en base a criterios de calidade e complexidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e orixinalidade. A súa decisión será dada a coñecer na primeira quincena do mes de decembro e incluirá tanto a escolla de doce imaxes para o calendario do Concello de Boqueixón para o 2023 como as tres persoas premiadas.

Os premios entregaranse en forma de vales de compra que se poderán canxear en calquera establecemento do municipio. O primeiro premio estará dotado cun vale de 200 €; o segundo, cun vale de 100 €, e o terceiro, cun vale de 50 euros. As persoas que participen deberán cumprir as seguintes bases e enviar as súas propostas a través do formulario dispoñible na páxina web (www.boqueixon.gal).

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas