Home A Coruña Boqueixón instala un novo decantador na EDAR de Pousada para mellorar o...

Boqueixón instala un novo decantador na EDAR de Pousada para mellorar o servizo ao polígono de Camporrapado

- Anuncio -

As obras supoñen un investimento de máis de 100.000 euros e estarán rematadas a finais de mes

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, visitou esta mañá as obras de mellora da estación depuradora de augas residuais de Pumariño (Pousada), que dá servizo ao polígono industrial de Camporrapado. Unha actuación na que o Concello de Boqueixón inviste máis de 100.000 euros e que se agarda que estea rematada antes de finalizar este mes de outubro.

As obras comezaron coa instalación dun novo decantador, que permitirá aumentar a capacidade de depuración das instalacións actuais xa que poderá afrontar un volume de decantación de 33 m3. Así mesmo, colocarase unha nova reixa de desbaste automática. Dúas pezas que están deseñadas para manexar unha carga contaminante duns 600 habitantes equivalentes.

Posteriormente procederase a instalar unha válvula de corte, que facilitará o baleirado de lodos no pozo de rexistro, repararase o decantador secundario e substituirase a bomba do sistema de recirculación de lodos entre o decantador secundario e o reactor biolóxico. Por último executarase unha soleira de formigón que mellorará a nivelación da depuradora e permitirá evitar problemas de asentamento.

Rodeiro Tato destaca que con estas actuacións “permitirá reparar e ampliar a capacidade dunha das dúas estacións de depuración de augas residuais que dan servizo ao polígono industrial de Camporrapado así como aos veciños e veciñas da contorna”. Esta EDAR presta servizo a 200 abonados, o que equivale a unha poboación duns 500 habitantes.

Na actualidade, o Concello de Boqueixón dá subministro de auga ao 100% das casas e servizo de depuración a todas as aldeas. Conta cun total de 12 depuradoras e prevé poñer en funcionamento outras 12 microdepuradoras de infiltración, que darán servizo a vivendas illadas e cuxo custe asumirán o Concello e a Xunta de Galicia.

Relacionadas

O Concello de Brión ofrece unha recepción institucional ás técnicas municipais de Brión e...

0
Lola Landeira e Carla Pérez compartiron a súa experiencia apoiando o desenvolvemento local a través do programa Especialistas en Cooperar O Concello de Brión ofreceu...

A Pobra afonda no mundo dos cogomelos durante esta fin de semana coas VIII...

0
Fin de semana micolóxica na Pobra do Caramiñal. A Concellaría do Medio Ambiente exalta unha vez máis un dos produtos estrela da tempada outonal...

Excéntricas presentan o venres en Neda “O auto do Castromil”

0
A compañía Producións Teatrais Excéntricas trae a Neda este venres, a partir das 20.30 horas, un dos seus últimos espectáculos. Trátase de “O auto...

Arrancadeira está de celebración por partida dobre co seu décimo aniversario e o Magosto

0
A praza Alcalde Segundo Durán será un fervedoiro cultural durante todo o sábado 9 coa celebración do IV Magosto Arrancadeira coincidindo co décimo aniversario...

O Concello concede 400.000 euros en subvencións ás entidades deportivas sen ánimo de lucro

0
O Goberno de Inés Rey promove deste xeito o desenvolvemento de actividades de diferentes clubs e entidades, triplicando desde o 2019 a contía total...

O Concello lanza a programación do 25N baixo o lema ‘Non hai escusas’

0
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, presentou a imaxe e actividades que incluen charlas, obradoiros, teatro e cine Entre os eventos...

Publicacións Relacionadas