Home A Coruña Brión celebrará mañá luns o Día de Santa Minia cun novo chamamento...

Brión celebrará mañá luns o Día de Santa Minia cun novo chamamento á prudencia e á responsabilidade dos/as romeiros/as

- Anuncio -

O delegado do Goberno en Galicia e o Presidente da Deputación da Coruña confirmaron a súa asistencia

O Concello de Brión continúa celebrando a súa Romaría de Santa Minia 2021, unhas festas condicionadas tanto na súa elaboración como no seu desenvolvemento pola pandemia sanitaria da Covid-19. Neste sentido, o alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, sinala que “temos que agradecer a gran colaboración que están a ofrecer os romeiros e romeiras que nos visitan, pois cumpren perfectamente cos protocolos indicados en canto a hixiene de mans, distancia social e máscara. Unha colaboración que agradecemos de cara a poder desfrutar das festas con seguridade”.

Un número de romeiros e romeiras que non deixa de aumentar, dende que comezaron as festas o pasado venres. Esta tarde, condicionada pola choiva, so uns poucos centos de persoas se achegaron ata a carballeira de Santa Minia, na súa maior parte para asistiren ao concerto do Grupo Amércia de Vigo ou para cear o polbo nunha das cinco polbeiras dispoñibles.

A xornada de onte sábado mantivo o ritmo da noite anterior, se ben foi aumentando o número de visitantes conforme pasaba a xornada. Un número de visitantes que, pese a supoñer un forte incremento con respecto ao día anterior, non tiña nada que ver co que é un sábado “normal” das Festas de Santa Minia. Boa proba diso é que as persoas asistentes puideron aparcar no parking disposto a carón da propia Carballeira, pois non houbo necesidade de utilizar outros.

Este domingo, Día de Vésperas, a animación é aínda maior. A asistencia aos oficios relixiosos, tanto de mañá (9:00, 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 horas) como de tarde (18:00, 19:00 e 20:00 horas), está a atraer a moitos fieis que, acto seguido, cumpren coa tradición de xantar o polbo en Santa Minia e levar para a casa algunha que outra rosquilla ou doce tradicional. A música puxérona dúas charangas habituais destas datas: Os Celtas de Negreira e NBA de Betanzos.

Pola tarde, ás 18:00 horas, a praza do Concello de Brión acollerá a actuación de Lohengrin Teatro, con “A mirada das Bolboretas”, con entrada libre ata completar aforo. E a partir das 20:00 horas, Carapaus e Os D´Abaixo protagonizarán o concerto da noite. Ambos espectáculos terán lugar baixo carpa e con asentos. A medianoite, a tradicional queima da fachada será substituída por segundo ano consecutivo por unha gran tirada simultánea de fogos de artificio dende 3 puntos do municipio: Brión, Bastavales e Viceso, de forma que poderá ser seguida por todos os veciños e veciñas do municipio,así como de algún concello colidante.

Día de Santa Minia

Para mañá luns 27 de setembro, Día de Santa Minia e festivo local en Brión, está previsto o maior número de desprazamentos ao municipio. Haberá oficios tanto de mañá (9:00, 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 horas) como de tarde (17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas), agardándose a maior afluencia de xente coincidindo coa misa solemne das 13:00 horas. Durante a mañá, a música correrá a cargo do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes e Festicultores Troupé.

Entre as 13:00 e 14:00 horas está prevista a visita oficial á Romaría de Santa Minia do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e do presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso; quen estarán acompañados por alcaldes e concelleiros da comarca e comarcas veciñas.

Pola tarde, continúa a música tanto no espazo familiar con Odaiko e “Tempos modernos” (ás 18:00 horas, na praza do Concello) como coa banda municipal de música de Brión (ás 20:00 horas na parcela habilitada para os concertos).

A diferenza de anos anteriores, non se cortará en ningún momento a avenida de Santa Minia. Si haberá distintos lugares de aparcamento debidamente sinalizados, estando o máis próximos á Carballeira a carón da Escola Municipal de Música de Brión. No caso de que este estivera ocupado na súa totalidade, os efectivos de Policía Local e Protección Civil indicarán ás persoas asistentes os aparcamentos libres máis próximos á zona da festa.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas