Home A Coruña Brión celebrará o Día de Rosalía de Castro cunha ofrenda en Bastavales,...

Brión celebrará o Día de Rosalía de Castro cunha ofrenda en Bastavales, dous contacontos e un concerto de Xoán Eiriz

- Anuncio -

A hostalería local colaborará ofrecendo á súa clientela “Caldo de Gloria” e “Café con verso”

O Concello de Brión conmemorará o Día de Rosalía cunha programación especial e gratuíta que terá lugar ao longo da semana na que se cumpren 185 anos do nacemento da escritora. Unha programación que inclúe unha homenaxe na igrexa de San Xiao de Bastavales, contacontos e o concerto “Amada Rosalía”, do músico e cantante Xoán Eiriz.

A programación especial comezará o luns 21 de febreiro co contacontos “A miña historia”, de Trémola Teatro, onde a rapazada coñecerá mellor a vida e obra de Rosalía de Castro a través de Andrea, unha xornalista do século XIX que coñece todo sobre a escritora. O espectáculo terá lugar na sala municipal de exposición, de 18:00 a 18:45 horas. Entrada de balde ata completar aforo.

Homenaxe e caldo de gloria

O mércores 23 de febreiro, ás 12:00 horas, terá lugar un acto de homenaxe a Rosalía de Castro na igrexa de San Xiao de Bastavales con alborada, ofrenda floral e lecturas de poemas da escritora. Durante toda a xornada, en distintos establecementos hostaleiros de Brión a clientela poderá gozar do “Caldo de Gloria” e do “Café con verso”. A primeira é unha iniciativa que homenaxea a Rosalía ofrecendo coas consumicións, a xeito de petisco, un tradicional caldo galego de acordo coa receita recollida nun poema da autora. Asemade, os cafés da xornada irán acompañados dun poema de Rosalía.

Pola tarde, a sala municipal de exposicións acollerá ás 18:00 horas o contacontos “O poder de Rosalía”, un espectáculo de narración oral a cargo de Pedro Brandariz especialmente dirixido a crianzas maiores de 4 anos. Para asistir de balde a calquera dos dous contacontos programados será preciso inscrición previa en bibliotecadebrion@briondixital.com, consignando o nome e apelidos, un teléfono de contacto e o número de persoas que desexen asistir. O aforo estará limitado, polo que se atenderán as solicitudes por estrita orde de inscrición.

Concerto de Xoán Eiriz

Finalmente, o xoves 24 de febreiro, o músico e cantante Xoán Eiriz presentará en Brión o seu novo disco e fará un pequeno percorrido por algunhas das cancións máis significativas dos seus traballos anteriores. O recital terá lugar no Centro Social Polivalente, ás 20:30 horas. A entrada será de balde con reserva previa a través da plataforma billeteira.concellodebrion.gal. As localidades poderán solicitarse a partir de hoxe martes 15 de febreiro.

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas