O campo municipal do Conchido viviu hoxe unha xornada de clausura festiva e emocionante co final do XII Campus de Fútbol Juan Gómez Barreiro, organizado polo Outes C.F.
A edición de este ano pecha as súas portas consolidándose como un referente da formación deportiva estival na comarca, alcanzando unha destacada cifra de 61 nenas e nenos inscritos.
Durante estas dúas semanas, os participantes desfrutaron de adestramentos técnicos, xogos de convivencia e aprendizaxe de valores ligados ao deporte.
O éxito do campus non tería sido posible sen o traballo do equipo de 10 monitores , encargados de guiar as sesións formativas, garantir a seguridade dos pequenos e transmitir a metodoloxía do club.
Na cerimonia de clausura deste venres deuse por rematada a actividade coa entrega de diplomas individuais e un recoñecemento público ao esforzo de todos os futbolistas, contou coa presenza do alcalde Francisco Calo Abelleira e o concellal de deportes José Antonio Caamaño Lestón.
O alcalde destacou o éxito da participación no campus, e que as rapazas e rapaces desfrutaron dunha convivencia e desfrute do deporte, e agradeceu os organizadores o desenvolvemento do campus.

