Os Reis Magos entraron hoxe a Galicia polo mar de Camariñas a bordo do barco ‘Bernaldo’.
Despois de facer paradas en todas as parroquias atenderon nos seus tronos as últimas peticións dos máis pequenos no pavillón Víctor Vigo, onde houbo unha gran festa infantil, chocolate quente e roscón de Reis.